Código do proxecto: AC2020-05
Ano de inicio: 2020
Investigador Principal: Marta González Warleta
Outros investigadores: Mercedes Mezo Menéndez; José Antonio Castro Hermida COOPERANTES: ADSG ACIVO
Departamento:
Área:
Toxoplasma gondii é un parasito que infecta a case todas as especies de mamíferos e aves, incluído o home. Nos pequenos ruminantes, a infección primaria durante a preñez pode dar lugar a morte fetal e aborto ou ó nacemento de cordeiros e cabritos débiles. Nos escasos estudos realizados en Galicia, detectáronse altas prevalencias de anticorpos anti-T. gondii en ovellas e cabras. A importancia da toxoplasmose radica tamén na súa condición de zoonose grave.
Os pequenos ruminantes manteñen o ciclo vital do parasito e constitúen unha fonte de infección para ás persoas. Para avaliar a patoxenicidade e a capacidade zoonótica dun parasito é imprescindible illar e caracterizar xeneticamente as cepas circulantes, algo que ata agora non se realizou en España. Por último, a técnica actual para valorar a presenza de anticorpos anti-T.gondii é a IFI, que resulta cara, lenta e de pouca aplicación para estudos epidemiolóxicos.
O ELISA considerase a técnica de elección para os estudos serolóxicos debido a súa sensibilidade, especificidade, baixo custe e aplicación para gran número de mostras. Sen embargo necesita a produción de antíxeno diana, que se obtén a partir do cultivo de cepas do parasito, preferentemente cepas homólogas dos anticorpos que se pretenden detectar.
Con estas premisas, solicítase un proxecto que expón os seguintes obxectivos: 1) Avaliar os efectos reais da toxoplasmose nos rabaños de gando ovino e caprino en Galicia; 2) Illar e caracterizar xenéticamente as cepas de T. gondii circulantes nestes rabaños e 3) Desenvolver un test ELISA indirecto para o diagnóstico serolóxico da toxoplasmose ovina/caprina a partir do antíxeno producido co cultivo das cepas de T. gondii illadas. A consecución destes obxectivos suporá un avance no ámbito da patoloxía, diagnóstico e epidemioloxía da toxoplasmose dos pequenos ruminantes
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX