fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Organismo CIAM
sanidade animal > Cryptosporidiose

SANIDADE ANIMAL

CRYPTOSPORIDIOSE.

O proceso máis importante producido por parásitos durante o primeiro mes de vida dos becerros é a cryptosporidiose. Esta enfermidade está causadas por protozoos pertencentes ao xénero Cryptosporidium, que se desenvolven e multiplican no intestino do hospedador.

Cryptosporidium spp. é un dos principais axentes etiolóxicos do síndrome de diarrea neonatal en rumiantes domésticos, ocasionando forte deshidratación e retraso no crecemento. Incluso en ausencia de outros enteropatóxenos, a infección por Cryptosporidium spp. produce elevadas tasas de mortalidade e a morbilidade pode chegar a alcanzar o 100%. O ciclo biolóxico se desenvolve na mucosa intestinal, e tras multiplicacións asexuais e sexuais, prodúcense os ooquistes (formas infectantes), que poden ser de dous tipos: ooquistes de parede grosa (80%), que son moi resistentes, e ao eliminarse cas feces permiten a diseminación do parásito no medio ambiente e a infección de outros hospedadores; e ooquistes de parede fina (20%), que son liberados no lumen intestinal e serían os responsables do fenómeno de autoinfección no ciclo endóxeno.

Os becerros inféctanse pola inxestión de alimentos e auga contaminados con ooquistes de Cryptosporidium spp.

laboratorio

A dose infectante é moi baixa (10-100 formas parasitarias) e no caso da cryptosporidiose, a infección pode ser mortal para alguns animais en 24-48 horas. Nembargantes, o máis frecuente é a aparición dun proceso diarreico cuia duración depende de:

  • A dose infectante
  • A virulencia do aislado causante da enfermidade
  • A susceptibilidade do hospedador
  • NOVIDADES DO CIAM

    foto
    01/12/2023
    Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

    SANIDADE ANIMAL

    foto
    Vídeo Calicophoron
    Máis más
    foto
    Vídeo liberación miriacidios
    Máis m�s
    foto
    Vídeo infección experimental dos caracois
    Máis m�s
    foto
    Vídeo Cercarias fasciola
    Máis m�s

     

    fondo

    EMPRESA

    PROXECTOS

    ACTIVIDADES

    PUBLICACIÓNS

    APLICACIÓNS RAX

    SOCIAL

    Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados