fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Data: 01/06/2023

DESCARGAR Nº 6 DA REVISTA AGROEXPRES

Neste número dedicamos a portada e o primeiro artigo ao noso compañeiro de redacción Julio, que nos deixou o pasado decembro por mor dunha enfermidade. O artigo sintetiza unha revisión científica sobre os recursos fitoxenéticos de especies pratenses en Galicia, especies das que Julio era un apaixonado coñecedor e non cansaba de captar coa súa cámara. Aínda que a publicación non é recente, elixímola porque presenta unha visión histórica dos numerosos traballos que fixeron posible esta colección – que se conserva hoxe no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) –, e que cremos que axudan a apreciala.

No seguinte artigo estreamos unha colaboración expresamente para Agroexprés dunha investigadora do departamento de Protección Forestal do Centro de Investigación Forestal de Lourizán cunha longa traxectoria no estudo da prevención de lumes: As queimas prescritas para a xestión das matogueiras en Galicia.

 A continuación presentámosvos dous interesantes traballos da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), un sobre o impacto da xeografía e o cultivo ecolóxico da viña sobre o tipo de lévedos da uva e outro sobre a protección de feridas de poda por métodos químicos e biolóxicos.

 Un longo ensaio realizado polos investigadores do CIAM amosa 8 anos consecutivos de resultados sobre as rotacións do millo con cultivos de inverno, resultados que se complementan con outro traballo sobre

os rendementos dunha mestura de trevos comparada co raigrás e o efecto de fertilizalos con xurro.
 

Incluímos tamén un traballo de colaboración entre o CIAM e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) sobre a composición do leite de vaca de Galicia en función do sistema de produción.

 E rematamos este número con outra colaboración do CIAM, esta vez co Departamento de Química Analítica da Universidade de Santiago, que estuda os perfís fenólicos como marcadores da orixe botánica dos meles de Galicia, co obxectivo final de poder garantir a súa orixe e calidade.

 

 Esperamos que as temáticas elixidas vos informen e entreteñan!

VER ADXUNTO.

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados