fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Organismo CIAM
organismo > o ciam

O CIAM


Presentación

O CIAM depende da Secretaría Xeral de Medio Rural, da Consellería do Medio Rural e do Mar. Ten a función de realizar investigacións aplicadas e básicas orientadas nas liñas de investigación preferentes dos programas de recursos e tecnoloxías agroalimentarias.

O CIAM realiza tamén unha difusión directa da Tecnoloxía desenvolvida a través dos Días de Campo (dos que se vén celebrando un cada ano, ou ben cada dous anos), reunións específicas con sectores e grupos específicos (ovino, vacún, matadoiros e carniceiros, transformadores lácteos, sementistas etc.), visitas dos agricultores e alumnos de centros de ensino técnico ás fincas e laboratorios do CIAM, xuntanzas co Servizo de Extensión Agraria, charlas dos investigadores do CIAM aos técnicos e agricultores das cooperativas ou outras institucións que así o demandan, e a publicación da Memoria anual do CIAM.


Ten asinados varios convenios de colaboración con empresas de alimentación e nutrición, cooperativas de leite e de carne, empresas de produción de semente, e tamén coa Universidade de Santiago co obxectivo de desenvolver tecnoloxías que poidan ser utilizadas e comercializadas directamente polas entidades colaboradoras.

Algúns destes convenios están amparados financeiramente por proxectos CDTI. As tecnoloxías desenvolvidas no CIAM nos últimos anos sobre transformación de montes en praderías, sistemas de engorde de tenreiros procedentes de rabaños de vacas de leite e carne, sistemas de produción de leite, utilización do ensilado e produción do gando ovino, tiveron un impacto importante no sector agrario a través dos agricultores que adoptaron estas técnicas.

Documental mostrado co permiso do equipo de Labranza da TVG.

 

 

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados