
Data: 01/12/2023
DESCARGA Nº 7 DA REVISTA AGROEXPRES
Este número contén unha importante representación de temas forestais, con artigos onde os protagonistas son o piñeiro (Resistencia do piñeiro marítimo á enfermidade do murchamento), o castiñeiro (Tolerancia á avespa do castiñeiro en variedades tradicionais e híbridos interespecíficos de castiñeiro) ou o lume (Cambio nas propiedades do solo no parque natural das Fragas do Eume despois dun lume), todos realizados por investigadores do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán).
Dos investigadores da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) presentamos un artigo sobre o impacto da rega no viñedo (Efecto de dous sistemas de rega na composición e perfil sensorial dos viños Godello) e outro sobre o impacto do tipo de lévedo no viño (Efecto do emprego dun lévedo autóctono sobre o aroma do viño Treixadura).
Por último, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) temos dous artigos sobre fertilización: Efecto da aplicación de fertilizantes orgánicos sobre a materia orgánica e o nitróxeno
Finalmente, e grazas a unha colaboración entre o CIAM e a Universidade de Santiago, xorde o artigo
Extracción absorbente en fase de tecido para a determinación de funxicidas na auga ambiental, unha nova técnica analítica que permite detectar pesticidas no noso contorno, incluído o viñedo.

PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX