O proceso máis importante producido por parásitos a partires do segundo mes de vida dos becerros son os brotes de giardiose. Esta enfermidade está causadas por protozoos pertencentes ao xénero Giardia, que se desenvolven e multiplican no intestino do hospedador.
O ciclo biolóxico de G. duodenalis (sinónimo G. lamblia e G. intestinais) inclúe dúas fases: o trofozoíto (forma vexetativa), responsable das manifestacións clínicas (diarrea), cuio hábitat é o intestino delgado, e o quiste (forma de resistencia), que ao sair ao exterior cas feces, é o responsable da transmisión do parásito. Os trofozoítos colonizan principalmente o yeyuno, ainda que alguns organismos poden atoparse no duodeno e, rara vez, no íleon, vías biliares ou vesícula biliar.
Os becerros inféctanse pola inxestión de alimentos e auga contaminados con quistes de G. duodenalis
A dose infectante é moi baixa (10-100 formas parasitarias)
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX