fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FAIRS-CT97-3819
Ano de inicio: 2001
Investigador Principal: Juan Piñeiro Andión
Outros investigadores: Juan Piñeiro Andión (CIAM), Juan Castro Insua (CIAM), Nieves Díaz Díaz (CIAM), Fernando Barbeyto Nistal (ILGGA), Coordinador do proyecto pola UEAndrew Stewart (Greenmount College of Agriculture and Horticultura, Irlanda del Norte, UK)
Departamento:
Área:

OBXECTIVOO proxecto EFFECT tivo como obxectivo a transferencia as explotacións dos coñecementos actuais sobre o trevo branco, resultado de numerosísimos proxectos de investigación desenvolvimos nos últimos 30 anos en centros de investigación europeos. Desenvolveuse en 24 explotacións de vacún de leite, vacún de carne ou ovino, distribuídas en 6 países europeos (Reino Unido –Inglaterra e Gales, Escocia e Irlanda do Norte-, Irlanda, Alemaña, Holanda, Francia e España –Galicia-), nas que se aplicaban sistemas convencionais ou ecolóxicos de producción, para demostrar que os pastos de gramínea e trevo branco poden ser útiles nunha grande variedade de condicións. En Galicia hubo catro granxas colaboradoras (as nº 21, 22, 23 e 24), todas localizadas en Galicia.Descripción das granxasGranxa 21:· Propietario: Américo Pérez Díaz· Noceda, Ribadeo, Lugo· Granxa: SAT "A Rella"· 20 ha, 45 vacas de carneGranxa 22:· Propietario: Moisés Carballeira Gante· Goiriz, Vilalba, Lugo· Granxa: SAT "Casamado", finca de Bidueiros· 25 ha, 40 vacas de carneGranxa 23:· Propietario: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo· Marco da Curra, Monfero, A Coruña· 22 ha, 320 ovellas galegasA metade da supereficie manexouse do modo que mellorase a presenza do trevo branco. A outra metade manexouse coma nos derradeiros anos, nos que se permitía unha importante acumulación de pasto na primavera para ser conservado en pe e usado en pastoreo no vran e no outono.Granja 24:· Propietario: Luis Carrera Valín· Albá, Palas de Rei, Lugo· Granxa "Arqueixal"· 22,6 ha, 30 vacas de razas maioritariamente “frisona” e algo de “pardo alpina”· Fabricación propia de queixos da Denominación de Orixen "Arzúa-Ulloa"· Esta granxa convirtiuse a producción ecolóxica no intervalo de duración do proxecto.Actividades do proxectoNas granxas estableceronse parcelas experimentais nas fincas con menos contido en trevo, nas que se introduciu o trevo branco sen laboreo do solo, por sementeira na superficie cunha sementadora de púas especializada. Nestas parcelas deixáronse franxas lonxitudinais sen sementar que serviron de comparación. Por tratarse dun proxecto de transferencia de tecnoloxía, estableceuse un amplo programa de divulgación que incluiu charlas, visitas, seminarios, artículos científicos e de divulgación, folletos, programas de televisión, radio e videos en tódolos países participantes.ConclusiónA principal conclusión do proxecto en Galicia foi que o trevo branco aumentou en todalas parcelas como consecuencia do manexo favorable o trevo. Alí donde era moi escaso o proceso de mellora foi mais rápido, pero as franxas non sementadas igualaron as sementadas co paso do tempo.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados