fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2021C-04
Ano de inicio: 2021
Investigador Principal: Marta González Warleta
Outros investigadores: José Antonio Castro Hermida; Mercedes Mezo Menéndez COOPERANTES: ADSG ACIVO; Diego Fernández González; Luis Miguel Rivera Otero; Alejandro Muíño Reimundez; Javier Blanco Escarcega
Departamento:
Área:

 As helmintoses dos pequenos ruminantes causan importantes perdas económicas pola diminución dos rendementos produtivos e aumento dos custos sanitarios. Os tratamentos actuais están a dar lugar á aparición de resistencias aos fármacos de elección que se converten nun grave problema para o control destas parasitoses, incrementando os custos de produción e reducindo a calidade dos produtos.

Na presente acción proponse investigar novas estratexias para o control das helmintoses no gando ovino e caprino de Galicia. Para iso, realizaranse dous estudos, un lonxitudinal e outro transversal. No primeiro, investigarase a dinámica de excreción de ovos de helmintos durante o periparto das ovellas, valorando o efecto do tipo de xestación e da época de parto. Isto permitirá identificar os períodos de máxima contaminación do pasto. Ademais, valorarase a relación entre a parasitación por helmintos e os distintos indicadores de benestar e de produción animal. A identificación dos mellores indicadores relacionados coas cargas parasitarias axudará a priorizar os tratamentos nos animais máis afectados.

Naquelas explotacións nas que se detecte Fasciola hepatica ou Calicophoron daubneyi, localizaranse os hábitats do hóspede intermediario (Galba truncatula) e estudarase a presenza de estadios larvarios nestes caracois. No estudo transversal, determinarase a eficacia dos tratamentos antihelmínticos que habitualmente se realizan nos rabaños comerciais de Galicia. Paralelamente aos estudios epidemiolóxicos, neste proxecto preténdese optimizar as técnicas de diagnóstico baseadas no reconto fecal de ovos de helmintos en mostras combinadas de varios animais. Determinarase a sensibilidade en función das especies de helmintos a diagnosticar. Estes estudos permitirán determinar o número óptimo de mostras a combinar para conseguir a máxima concordancia coa análise en mostras individuais. Finalmente, avaliarase a sensibilidade do test MM3-COPRO ELISA, que detecta antíxenos de F. hepatica nas feces, para o diagnóstico de campo de fasciolose ovina e caprina. Compararase co método coprolóxico tradicional baseado no reconto de ovos.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados