fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2021C-03
Ano de inicio: 2021
Investigador Principal: Carmen Calvo Santalla
Outros investigadores: Manuel López Luaces COOPERATNTES: Subdirección Xeral de Gandaría; ADSG Curtis; ADSG do Gando Vacún de Mesía; ADSG Terras do Queixo
Departamento:
Área:

 Este proxecto pretende aportar información sobre a distribución do herpesvirus bovino tipo 2 (BoHV-2) co obxectivo de mellorar a especificidade do diagnóstico da rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR) na Comunidade Autónoma de Galicia. A presente acción complementa a acción de cooperación AC2020-02 cuxo obxectivo era dar apoio ao programa desenvolvido polas asociacións de defensa sanitaria galegas (ADSG) de gando vacún no que se refire ao control e vixilancia da IBR.

Para contribuír a mellorar a especificidade do diagnóstico da IBR estudiarase a presencia e distribución da infección por BoHV-2 nas explotacións galegas. Este estudo baséase en dous feitos: por un lado na hipótese de que no ano 2020 detectáronse, nunha granxa galega, anticorpos fronte a este virus mediante a técnica de ELISA indirecto específica para o BoHV-2, e de que hai outra granxa baixo estudo coa mesma casuística. Isto plantexou os interrogantes de se teriamos o BoHV-2 circulando nas explotacións galegas e de cal sería a prevalencia da enfermidade.
 
Para desenvolver este proxecto establécese unha colaboración entre varios axentes: o CIAM, a Subdirección Xeral de Gandaría e tes ADSG (Curtis, Gando vacún de Mesía e Terras do Queixo). Mediante esta colaboración, e para responder a estas preguntas, plantéxanse dous obxectivos: o primeiro é realizar un estudo da presencia de anticorpos fronte a este virus que permita estimar a prevalencia da infección nas granxas de Galicia, o que nos daría idea do número e distribución da infección e o segundo sería poñer a punto unha técnica diagnóstica mediante PCR e intentar detectar infeccións agudas o que confirmaría a presencia do virus. A información así obtida contribuiría a coñecer a importancia real das reaccións cruzadas con este axente no diagnóstico da IBR.
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS
foto
26/11/2022
Diversidade Específica do solo ligada ás prácticas tradicionais agrogandeiras no ZEC Ancares-Courel
foto
25/11/2022
Xornada Técnica: MELLOREMOS A SOSTIBILIDADE DAS EXPLOTACIÓNS CON BOAS PRÁCTICAS NA XESTIÓN DO XURRO
foto
23/11/2022
Xornada técnica: Avaliación da saúde do sólo con bioindicadores na finca do CIAM
foto
08/11/2022
Xornadas técnicas relacionadas cos programas sanitarios desenvolvidos polas ADSG de gando vacún de Galicia

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados