fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2021/080A
Ano de inicio: 2021
Investigador Principal: Santiago Crecente Campo
Outros investigadores: Teresa Moreno López, Begoña Fernández Chao ENTIDADE SOLICITANTE: INNOGANDO, SL
Departamento:
Área:

 Nos sistemas de produción en extensivo as novas  tecnoloxías poden supoñer unha gran axuda, pois estes adoitan presentar limitacións en canto á man de obra e ós recursos dos que se dispón.

As tecnoloxías actuais non permiten a monitorización ou detección do parto do gando que está en extensivo debido á dificultade de ofrecer cobertura sobre a superficie na que se atopan. Por outro lado, a crecente concienciación dos consumidores coas producións de extensivo precisa unha acreditación real para darlle verdadeiro valor engadido a estas producións. As solucións tecnolóxicas serán as responsables de garantir a veracidade da información, como pode ocorrer cando entre en vigor a certificación do leite de pastoreo.
 
Neste proxecto tratarase de validar a tecnoloxía e a funcionalidade, para as granxas de extensivo, de dispositivos de monitorización  da xeolocalización e das actividades que realiza o animal en tempo real a través dun colar que leva no pescozo.
 
Este dispositivo trata de recoñecer se o animal está descansando, camiñando, correndo, rumiando, pacendo ou comendo, e onde está tendo lugar dita actividade. A través do estudo das variacións do comportamento mediante a intelixencia artificial, xera alertas que axudan ao gandeiro na xestión diaria da granxa, informándoo dos celos, patoloxías, situacións de perigo como ataques do lobo, etc. A maiores, tamén se buscarán novas funcionalidades para un mellor aproveitamento dos pastos.
Por outra banda, tamén se validará un dispositivo que vai colocado no rabo da vaca e que detecta o momento e lugar do parto.
 
Para levar a cabo o proxecto empregaranse 60 vacas, 20 de raza frisoa e 20 de raza rubia galega do CIAM e 20 da raza frisoa da Granxa Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Tamén se utilizarán os rabaños de pequenos ruminantes e de cabalos da finca Marco da Curra (CIAM).
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados