fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2018/031B
Ano de inicio: 2018
Investigador Principal: Teresa Moreno López
Outros investigadores: Manuel López Luaces, César Resch Zafra, Santiago Crecente Campo, Adrián Botana Fernández; Entidade colaboradora: CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE
Departamento:
Área:

 No ano 2017 xurdiu a IXP Vaca e Boi de Galicia, que ampara a carne de vacún maior procedente de animais nacidos, criados e sacrificados en Galicia. O fin da IXP é valorizar a carne das vacas e bois galegos, a través dun período de cebo que permita obter unha carne de alta calidade, conseguindo que o valor engadido destes animais repercuta nas explotacións galegas. Para conseguir un adecuado equilibrio entre custos de produción e beneficio, resulta fundamental a introdución de forraxes na dieta, onde os máis frecuentes en Galicia son o ensilado de herba e o ensilado de millo; diminuíndo o máximo posible o consumo de concentrados. Asemade, xurde a necesidade de atopar outras alternativas capaces de mellorar a eficiencia dos sistemas de engorde, que pode afectar ó rendemento do canal ou ó grao de infiltración graxa, como por exemplo o castrado das vacas. Un dos factores máis importantes a ter en conta na calidade desta carne é o proceso de maduración, polo que resulta imprescindible determinar a duración óptima do mesmo.

Para isto seleccionaranse 40 vacas de raza Holstein-Friesian procedentes do rabaño leiteiro do CIAM que presenten algún problema que non as fagan aptas para continuar no rabaño. Repartiranse en catro grupos aleatorios de 10 vacas/grupo en función dos tratamentos a estudar, efecto do castrado e tipo de dieta subministrada. Os obxectivos de estudio son:

1.    Proporcionarlle ó gandeiro criterios para a toma de decisións durante o cebo de vacas de descarte de raza Holstein-Friesian dentro da IXP Vaca e Boi de Galicia, co fin de obter un adecuado equilibrio custo-beneficio.

2.    Caracterizar a calidade da canal e a maduración do lombo de vacas cebadas de raza Holstein-Friesian amparadas pola IXP Vaca e Boi de Galicia.

3.    Estudio da calidade organoléptica, nutricional e sensorial do lombo procedente de vacas amparadas baixo a IXP Vaca e Boi de Galicia.

Considérase que a transferencia destes resultados será demandado polo sector de vacún, como unha ferramenta importante para aportar coñecemento na produción deste de tipo de animais amparados baixo a IXP Vaca e Boi de Galicia.

feader

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados