fondo
Logo Conseller�a
Logo Ingacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER2010-25
Ano de inicio: 2010
Investigador Principal: Luis Urquijo Zamora
Outros investigadores: Luis Urquijo Zamora, Juan Piñeiro Andión.CALFENSA PROYECTOS S.L.
Departamento:
Área:

Obxectivos:

1. CONTINUACIÓN DA CREACIÓN DE NOVAS VARIEDADES DE TRIGO GALEGO. INCLUE A INICIACIÓN DO PROCESO DE REXISTRO DA LIÑA E7, A EXPLORACIÓN DO BANCO DE XERMOPLASMA DO CIAM, CONSTITUIDO POR 186 ECOTIPOS DE TRIGO GALEGO NA BÚSQUEDA DE VARIEDADES DE MÁIS RENDEMENTO E FORZA PANADEIRA, E O INICIO DA MELLORA PARA CONSEGUIR UNHA VARIEDADE DE TALLA BAIXA PARA EVITAR O

ENCAMADO.

2. CONSOLIDACIÓN E AMPLIACIÓN DA PRODUCCIÓN NAS COMARCAS ACTUAIS E BÚSQUEDA DE UNHA NOVA. IMPLICA A CONSOLIDACIÓN DA PRODUCCIÓN NAS COMARCAS DE A LIMIA, ALLARIZ-MACEDA, TERRAS DE CELANOVA E VALDEORRAS, A EXPLORACIÓN MÁIS EN PROFUNDIDADE DA TERRA DE LEMOS –XA INICIADA NO PROXECTO ANTERIOR- E A EXPLORACIÓN POR PRIMEIRA VEZ DA COMARCA DA TERRA

CHÁ.

3. IMPLANTACIÓN DE UN SISTEMA DE TRAZABILIDADE TOTAL DA PRODUCCIÓN DE TRIGO CALLOBRE. DESPOIS DE COMPROBADO O BON FUNCIONAMENTO DA TÉCNICA ELECTROFORÉTICA PARA DETECTAR MEZCLAS DE FARIÑAS, PROPONSE UTILIZALA PARA CONSOLIDAR O PROCESO DE TRAZABILIDADE DESDE QUE O TRIGO SAE DO CIAM ATA QUE CHEGA AS PANADERÍAS EN FORMA DE FARIÑA.

4. COLABORACIÓN CON FEGAPAN NO PROCESO DE SOLICITUDE DA INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA (IXP) ‘PAN GALEGO’. DESPOIS DE CONSEGUIDO O ESTUDIO HISTÓRICO DO TRIGO E PAN GALEGOS, QUE SE LLE PROPORCIONOU A FEGAPAN, A PROPOSTA É SEGUIR COLABORANDO CON FEGAPAN NA PROMOCIÓN DO PAN GALEGO E NO PROCESO DE SOLICITUDE DA IXP.

Conclusións:

1.Obtención de varias liñas melloradas de trigo galego (E1, E7 e E16), das cales unha delas será solicitada para a súa inclusión no Registro de Variedades Comerciales da OEVV.

2.Primeira selección dos ecotipos 2, 3, 21, 22, 46 e 55 do Banco de Xermoplasma do CIAM

3.Caracterización agromorfolóxica, e de calidade do gran, de 110 ecotipos de trigo da colección do Banco de Xermoplasma do CIAM.

4.Caracterización electroforética pola técnica SDS-page de toda a colección  de trigos do Banco de Xermoplasma do CIAM, para coñecer as gluteninas de alto peso molecular (HMW-GS) do endospermo do trigo.

5.Mellora no coñecemento da calidade panadeira dos ecotipos autóctonos de trigo, e futuro uso polos panadeiros.

6. Utilizacion da técnica de SDS-page para o control de fraudes dentro da multiplicación da semente e a moenda do trigo

7.Exploración do cultivo de trigo autóctono en novas zonas, aumentando as hectáreas sementadas, e coa posibilidade de constituirse como novos focos de produción necesarios para as industrias fariñeiras.

8.Trazabilidade do trigo-fariña de Callobre dende o CIAM ás panaderías, e detección de algunhas mesturas producidas tanto no molino coma no almacén. Polo tanto, idoneidad da técnica SDS-page para detectar mesturas de trigos que supoñan fraude.

9.Traballo administrativo e de promoción feito en apoio da IXP Pan Galego

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
22/10/2018
Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética
foto
19/09/2018
Xornada técnica: As posibilidades da rega no millo
foto
27/04/2018
Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia
foto
28/02/2018
Xornada: A produción de carne de vacún. Unha oportunidade para emprender na biosfera
foto
24/01/2018
Efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros de verán na Galicia interior
foto
28/12/2017
Convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada de tres postos de persoal titulado superior universitario

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2013 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados