fondo
Logo Conseller�a
Logo Ingacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: RTA2006-00153-C02-00
Ano de inicio: 2006
Investigador Principal: Juan Piñeiro Andión
Outros investigadores: Juan Piñeiro Andión, Jaime Fernández Paz, Nieves Díaz Díaz, María José Bande Castro
Departamento:
Área:

RESUMO DO PROXECTO:

Entre 1988 e 2003 foron desenvolvidos unha serie de 5 proxectos de investigación en Galiza, Asturias, País Vasco e Navarra, nos que se estudaron diversas especies pratenses plurianuais e forraxeiras anuais, téndose chegado a conclusións positivas sobre a conveniencia do uso de leguminosas pratenses plurianuais (trevo branco, trevo violeta e alfalfa) e leguminosas forraxeiras anuais (veza, chícharos forraxeiros e fabas) e as súas mesturas gramíneas.

O principal problema observado é que a maioría destes estudos case non tiveron impacto sobre o proceso produtivo das explotacións gandeiras actuais, porque a maior parte da información foi presentada en congresos, aos que nin os gandeiros nin os seus técnicos asesores asisten, ou está en publicacións especializadas, que tampouco chegan ao sector.

Por iso foi redactado este proxecto de transferencia de tecnoloxía, co obxectivo principal de trasladar ás explotacións os resultados sobre leguminosas pratenses plurianuais (trevo branco, trevo violeta e alfalfa) e sobre leguminosas forraxeiras anuais (veza, chícharos forraxeiros e fabas), que se completará co uso de leguminosas pratenses anuais de autosementeira (trevo subterráneo, trevo vesiculoso, trevo encarnado, serradella) en zonas climaticamente difíciles, como é o caso de moitas zonas de Ourense.

OBXECTIVOS:

Mesturas de triticale con veza e de triticale con chícharos forraxeiros:

O obxectivo destas mesturas é acadar unha forraxe de inverno rica en proteína, susceptible de ser aproveitada nun único corte a finais de abril ou comezos de maio, que substitúa ao clásico raigrás italiano.

Oriéntase a explotacións intensivas de produción de vacún de leite.Mellora da contribución do trevo branco en praderías existentes:

O obxectivo é a recuperación do trevo branco en praderías existentes por técnicas de manexo e de sementeira sen laboreo. Oriéntase a explotacións extensivas, Montes Veciñais en Man Común dos Ancares e de Ourense principalmente, nas que desapareceu o trevo como consecuencia do xeito de aproveitamento e do manexo da fertilidade do solo.Reintrodución do trevo violeta nas praderías de media duración:

O obxectivo é recuperar o papel que o trevo violeta tivo como integrante de mesturas pratenses de media duración nos anos sesenta e na primeira metade dos setenta do século pasado. Oriéntase a explotacións intensivas de produción de vacún de leite.

Uso da alfalfa como forraxeira nas explotacións galegas:Malia que os resultados experimentais demostran que a alfalfa é un cultivo de interese en Galiza, non acaba de ser adoptada polas explotacións gandeiras que, por outra banda, compran cantidades elevadas de alfalfa noutras zonas do Estado español.

O obxectivo é trasladar estes resultados ás explotacións máis intensivas e ver cales son as razóns que impiden que a alfalfa sexa un cultivo común nestas explotacións.

Uso trevo subterráneo, trevo vesiculoso e serradella:

O obxectivo é coñecer o comportamento destas especies, moi utilizadas nos solos ácidos de climas semiáridos do Centro-Oeste e Suroeste de España, en climas difíciles da provincia de Ourense, nos que o trevo branco ten problemas de persistencia.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
27/04/2018
Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia
foto
28/02/2018
Xornada: A produción de carne de vacún. Unha oportunidade para emprender na biosfera
foto
24/01/2018
Efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros de verán na Galicia interior
foto
28/12/2017
Convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada de tres postos de persoal titulado superior universitario
foto
01/12/2017
A paisaxe agraria galega e a biodiversidade. Natureza-Agricultura-Gandería
foto
24/11/2017
Sistemas de transferencia de coñecemento no vacún de leite

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2013 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados