Código do proxecto: RTA02-108
Ano de inicio: 2002
Investigador Principal: Claudio López Garrido
Outros investigadores: Cláudio López Garrido e Fernando Barbeyto Nistal
Departamento:
Área:
INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS
Este proxecto é continuación do INIA SC96-103 “Estudio comparativo de costes de producción de leche en diferentes explotaciones de ganado vacún de leche en España y el resto de los países de la UE” que se dividiu en duas fases. Na primeira abordaría-se a posta a ponto da metodoloxía e a sua aplicación a Galiza como zona piloto, que se concreta neste proxecto e na segunda, extendería-se o estudo a outras Comunidades Autónomas.
No actual contexto de integración supranacional necesita-se información sobre os países do entorno e dos eventuais competidores para coñecer as diferenzas de competitividade e as suas causas e tratar de mellora-la. Neste sentido, os obxectivos do proxecto eran a identificación dos sistemas de produción de leite de vacun, a comparación dos seus custos cos doutros países europeus e contribuir á construción dunha rede permanente de comparación internacional de custos de produción do leite.
METODOLOXIA E PLANTEXAMENTO
As duas únicas fontes que subministran con periodicidade análises comparativas dos custos da produción leiteira a nivel internacional son European Dairy Farmers (EDF) e International Farm Comparison Network (IFCN) e, por tanto, o proxecto centrou-se na comparación dos custos das explotacións galegas en ambos os marcos para face-la extensíbel posteriormente ao conxunto do Estado através dunha tipoloxía representativa da estrutura do subsector leiteiro. Seleccionaron-se 21 explotacións galegas, ás que se engadiron três mais (de Aragón, Cataluña e Cantabria) para coñecer as dificultades para cobrir o cuestionario noutras partes. Só duas tiñan mais de 100 vacas.
O estudo comparativo realizou-se con dados de 2001 que procedían de 179 explotacións de 14 países europeus.IFCN traballa con explotacións típicas, que son modelos teóricos para cada país, definidos mediante a discusión con analistas do sector e un panel de gandeiros e coa axuda dos dados técnicos e económicos disponíbeis. No noso caso, construiron-se duas explotacións-tipo en función da distribución da cuota láctea no Estado e dos resultados contábeis do MAPA para que fosen representativas non só de Galiza senón da Cornisa Cantábrica: Unha para o estrato de 20-49 vacas e a outra para o de 50-99 vacas.Seguindo o procedimento establecido, tentou-se extrair a información mediante panel; pero como esta era deficiente, optou-se por utilizar as contabilidades e axustar os dados coa opinión de técnicos de explotacións dos tipos definidos. A comparación internacional fixo-se entre 72 explotacións típicas de 24 países.
RESULTADOS E DISCUSION
Comparación das explotacións no marco de EDFA análise contou con 143 explotacións de 10 países da UE, cuxos rabaños varian desde 26 até 1.871 vacas e a superficie forraxeira desde 10 até 3.000 ha. Os rendementos oscilan entre 4.700 e mais de 10.000 kg/vaca e ano e os custos mostran que na EU algúns gandeiros logran producir leite a menos de 20 €/kg entanto outros gastan más de 50 €, ainda que sexan casos excepcionais.
A diversidade de sistemas queda reflectida en que hai explotacións que dependen ao 100% do pastoreo e ensilado de erva no inverno e outras que carecen de prados. O tamaño medio do rabaño das explotacións españolas participantes no estudo de EDF é de 54 vacas face ás 143 da UE e a produción media anual por vaca de 7.578 kg. con un consumo de 3.500 kg. de concentrado face aos 7.852 kg. de leite por vaca e 2320 kg. de concentrado/vaca de media no conxunto de EDF-UE. As explotacións españolas teñen unha carga gandeira mais alta (2 vs. 1,2 vacas/ha), maior consumo de concentrado (0,461 vs. 0,296 kg./litro) e menor produtividade da mao de obra, tanto en produción (94 vs. 155 kg. FCM/hora) como en tempo de traballo (81 vs 51 horas/vaca/ano). Os ingresos complementarios procedentes da venda de gado, subsidios, retornos cooperativos, etc. son menores (3,8 vs. 5,8 ?/100 kg.).
O custo total de produción é idéntico (35,6 ?/100kg), a taxa de eliminación de vacas é menor (22% vs 28%) e a compra de animais tende a igualar-se (0,6 vs 0,7 ?/100kg.). A percentaxe de superficie destinada a cultivos forraxeiros é menor (31 vs. 37 %) e tamén son menores o gasto en maquinaria (3,0 vs. 5,0 ?/100kg.) e o investimento por vaca (3.431 vs. 4.453 ?/vaca).Os resultados económicos, en €/100kg de leite corrixido ao 4% de gordura (FCM), das nosas explotacións, son mellores que os da media da UE, tanto en Renda familiar (14,2 vs. 10,8) como en Beneficio empresarial (2,6 vs. 1,1). Pasa todo o contrario cando se comparan os resultados por explotación, debido ao menor tamaño das españolas. Así, a Renda familiar foi de 58.000?/explotación e o Beneficio de 16.000 ?/explotación face aos 97.000 e 33.000 ?/explotación, respectivamente, de media no conxunto da UE. Comparación das explotacións no marco de IFCNAs explotacións típicas galegas seleccionadas foron unha de 32 vacas (ES-32GA) e outra de 73 (ES-73GA). Ambas son explotacións familiares sen asalariados, cuxos edificios antigos datan de 1970/80 e os novos de 1995.
Os seus rabaños, de raza frisona, non teñen concentración de partos, e utilizan como suplemento ensilado de erva e de millo e o sistema está baseado no aproveitamento dos prados que están mui parcelados. Na primeira pastorea-se 60 días ao ano e o tamaño medio da parcela é de 1 ha.
Na segunda non se pastorea e o tamaño medio da parcela é de 2,5 ha. Un aspecto importante é que se contaba con dados sobre a evolución destes dous tipos de explotacións típicas nos últimos 10 anos e que o nivel alcanzado pola ES-32GA, tanto en producción como en rabaño en 2000 era o punto de partida da ES-73GA en 1990. O crescimento non foi acompañado en ningún dos dous casos polo aumento da superficie e optou-se por un modelo mui intensivo, baseado na introdución de gado de alta produción e dun alto consumo de concentrado.
A problemática das pequenas explotacións No conxunto da UE, a produción por explotación varia de 166 a 11.441 t e os rabaños de 26 a 80 vacas. Ainda que as explotacións non deixaron de aumentar de tamaño e parece que existen economías de escala, mesmo por cima das 200 vacas, permanecen activas muitas pequenas que resisten con rendas baixas, mesmo en tempos difíceis. Están en desvantaxe nos custos directos relativos á alimentación, maquinaria e construcións e só o da compra de animais é inferior ao das grandes.
A produtividade do traballo é un 40 % mais baixa (106 kg/hora versus 178 kg/hora), ainda que isto se ve parcialmente compensado por unha remuneración inferior da mao de obra. O custo do capital e da terra son tamén mais altos pero a incidencia no custo total é bastante reducida. Porén, os ingresos totais das pequenas son mais altos porque receben un prezo mellor polo leite e porque as receitas pola venda de gado son, tamén, mais altas.Non é fácil explicar a persistencia das pequenas explotacións.
Os seus ingresos totais son 2 €/100 kg mais altos pero os seus custos están 5 €/100kg por cima da media das grandes. O que lles permite resistir é que boa parte da sua renda depende do traballo familiar, carecen de mao de obra asalariada, apenas recorren ao crédito e muitas carecen de obxectivos a longo prazo.
O seu horizonte non vai alén da xubilación, o que lles permite colocar o aforro fora da explotación ao non ter que reinvestir no futuro inmediato. Por outra parte, as regulacións nacionais, especialmente as relativas á cuota láctea, tamén as favoreceron. De todos modos, existen evidentes diferenzas tanto entre as pequenas como nas grandes explotacións de Galiza e da UE.
Produtividade da terra Na UE, a produtividade da terra varía de 3 a 45 t /ha de leite, sendo a media 12,4 t/ha. A renda da terra das explotacións extensivas é, aproximadamente, a metade da obtida polas intensivas (171€ vs 371 €/ha). A baixa produtividade da terra no supón unha produtividade mais alta do traballo e do capital.
Os custos directos son un 10 % mais elevados porque os da maquinaria, edificios e combustibel son mais altos, ainda que sexan parcialmente compensados polo menor gasto na compra de animais e de alimentación. Estes elevados custos, xunto a uns ingresos totais semellantes, non permite obter beneficio (- 2 Euro por 100 kg) ás explotacións extensivas, entanto as intensivas conseguen unha ganancia de 3 Euro por 100 kg, o que resulta surprendente, cando se observa que as extensivas teñen rabaños mais grandes (155 frente a 118 vacas). Estabulación permanente frente ao pastoreoA crescente difusión dos sistemas de estabulación permanente do gado explica-se, segundo os produtores, porque permite reducir custos, mellorar o manexo e aumentar a produtividade do traballo.
Tais vantaxes non están suficientemente probadas.Compararonse 84 explotacións de pastoreo face a 59 con estabulación permanente en 10 países europeus das que 16 eran españolas, (11 en estabulación permanente) e os resultados revelan que as explotacións de pastoreo conseguen un prezo inferior polo leite, o que se explica porque a maioría son de Irlanda e Reino Unido, onde os prezos son mais baixos.
A percentaxe de superficie destinada a prados é mais alta, o que se traduce en menores ingresos por subsidios ao cultivo e ensilado de cereais. En total, as explotacións de pastoreo ganan uns 2 € menos por 100 kg de leite. Ainda que na estrutura dos custos se ven poucas diferenzas entre ambos grupos, as explotacións de pastoreo son un pouco mellores que as de estabulación permanente en cada componente, especialmente na alimentación, que inclui a compra de alimentos, fertilizantes, pesticidas e sementes. Só en termos de superficie, dada a sua maior dependencia da mesma, os custos son mais altos, debido a que a produtividade da terra é un 10% mais baixa e o seu prezo case un 30% mais alto. A diferenza de produción por vaca é só do 4% (7.716 kg. vs. 8.030 kg/ vaca e ano) ainda que nas explotacións de pastoreo a produción de leite con forraxes sexa maior (3.674 vs. 2.713 kg/vaca e ano).
En resume, ambos sistemas teñen custos e níveis de produtividade similares e resultados case idénticos no manexo do rabaño, salvo na recría de xuvencas que é menor nas estabulacións permanentes. Neste sentido, podería-se dizer que hai que optar entre producir o 100% con erva, pastada na medida do posíbel, ou introducir gado de alta produción, alimentado no establo e sen pastoreo. Se poden utilizar outras materias primas distintas da erva, como o ensilado de millo ou subprodutos, os sistemas de estabulación permanente poden ir mellor que os de pastoreo.
CONCLUSIONS
As explotacións españolas son de menor tamaño que as europeas e teñen menos terra en arrendamento, menor porcentaxe de superficie a cultivos forraxeiros e maior consumo de concentrado. Os rendimentos leiteiros por vaca son semellantes e a produtividade do traballo menor.
O seu investimento por vaca é menor. O prezo do leite é mais alto, así como os ingresos, e os seus custos de produción son semellantes ou lixeiramente mais baixos, salvo os de alimentación. Os seus resultados económicos por litro non difiren substancialmente dos europeus pero a sua produtividade do traballo é menor, por contar con menos vacas por persoa ocupada.
As nosas explotacións seguen un modelo de intensificación produtiva semellante ao doutras parte de Europa, que se caracteriza por fortes investimentos en maquinaria, gado e instalacións; mais o seu reducido tamaño e deficiente infraestrutura no lles permite compensar as elevadas cargas fixas que os investimentos comportan, mediante a redución do custo de alimentación e o aumento da produtividade da mao de obra, na mesma medida que as europeas.A consecuencia é unha grande vulnerabilidade ante cualquer baixada do prezo do leite, elevación dos custos ou aplicación dunha normativa agroambiental mais estrita
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX