Nº: 3 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
Data: 27/12/2021
DESCARGAR Nº 3 DA REVISTA PDF
Neste número arrancamos cun traballo sobre o millo forraxeiro en ecolóxico que xorde dunha conversa informal entre un participante a un curso e os investigadores do CIAM. Este tipo de interacción é testemuña da colaboración directa co traballador do campo que caracteriza o noso centro de investigación. Nesta mesma liña de cultivos forraxeiros, facemos a segunda entrega sobre o sorgo forraxeiro, un cultivo no que o CIAM leva experimentando dende 1986.
Seguindo coa temática colaborativa, presentámosvos un traballo sobre a calidade da carne de poldro realizado en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne e coa Escola de Enxeñeiros Agrónomos da Universidade de Navarra. Tamén abordamos o tema do cruzamento industrial en ganderías de vacún de leite.
Incluímos tres artigos diversos que nos pareceron de grande interese: por un lado, un estudo dos lévedos presentes nos principais queixos artesanais galegos; por outro lado, unhas recomendacións para o encalado de cultivos forraxeiros; e, por último, unha análise da eficiencia no uso do nitróxeno das granxas leiteiras galegas.
E estreámonos na sección de horta cun traballo de avaliación e recuperación de variedades tradicionais de tomate, un esforzo importantísimo nesta era de bombardeo de novas variedades comerciais, que nos axuda a preservar a nosa diversidade xenética e os sabores de sempre.
DESCARGA Nº1 DA REVISTA AGROEXPRES (PDF)
DESCARGA Nº 2 DA REVISTA AGROEXPRES (PDF)
DESCARGA Nº 3 DA REVISTA AGROEXPRES (PDF)