fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
Xornadas técnicas: Programas sanitarios nas ADSG de vacún de carne e de leite, con especial referencia ao programa nacional e autómico de control e vixilancia da IBR

Data: 13/10/2021

DESCARGA DE PROGRAMAS E FORMULARIOS DE INSCRICIÓN:

DESCARGAR PROGRAMAS

Descargar formulario de solicitude de inscrición xornada de Becerreá

Descargar formulario de solicitude de inscrición xornada da Fonsagrada

Descargar formulario de solicitude de inscrición xornada de Curtis

DESCARGA DE DOCUMENTACIÓN APORTADA NA XORNADA:

CUALIFICACIÓN SANITARIA IBR (RD 554/2019)

MOVEMENTOS PERMITIDOS EN RELACIÓN AO MANTEMENTO DA CUALIFICACIÓN DO IBR (RD 554/2019)

TRÍPTICO INFORMATIVO DAS ADSGs

 Na Comunidade Autónoma de Galicia hai máis de cincoenta asociacións de defensa sanitaria (ADSG) de gando vacún. Estas asociacións desenvolven, desde o ano 2004, programas sanitarios para a vixilancia e control da paratuberculose, a diarrea vírica bovina (BVD), a neosporose, e a rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR). Todas estas enfermidades do gando son de grande importancia polas perdas económicas que ocasionan ou polas repercusións que teñen no movemento comercial dos animais.

As ADSG tamén constitúen unha peza fundamental na rede de epidemiovixilancia sanitaria e desenvolven un papel sustancial no asesoramento e mantemento dunhas correctas medidas de vixilancia sanitaria e de bioseguridade das granxas. O mantemento e mellora no status sanitario das granxas galegas otórgalle os gandeiros unha vantaxe competitiva para a comercialización dos seus produtos.

Este control e vixilancia xenera unha cantidade inxente de datos que son evaluados periódicamente e presentados anualmente en reunións entre o persoal da Subdireción Xeral de Gandaría e os veterinarios responsables das ADSG. Ademais, no ano 2019, o Real Decreto 554/2019, de 27 de setembro, establece as bases das actuacións para a prevención, control e erradicación da IBR e o programa nacional voluntario de loita contra a enfermidade. En Galicia, entre os programas de vixilancia e control que se desenvolven nas ADSG está o da IBR. O obxectivo deste control é a detección e eliminación progresiva dos animais seropositivos mediante a utilización de técnicas diagnósticas que permitan a identificación de animais gE ou gB positivos en anticorpos de IBR tanto en analíticas individuais como de leite de tanque.

A divulgación de información relacionada cos diferentes aspectos implicados no desenvolvemento dun programa sanitario facilita a súa implementación e o seu avance, de ahí a realización destas xornadas técnicas que van ter lugar nos concellos e datas indicados a continuación:

- Xornada de Becerreá: 13 de outubro, entre as 16:00 e as 20:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Becerreá,

- Xornada da Fonsagrada: 14 de outubro, entre as 16:00 e as 20:00 horas, no salón de actos do Concello da Fonsagrada.

- Xornada de Curtis: 21 de outubro, entre as 16:00 e as 20:00, no salón de actos do recinto feiral de Curtis

Estas xornadas celébranse ao abeiro do Plan de Transferencia para apoio ás actividades de demostración e de información ao Agro Galego que se convocaron para o ano 2021, e lévanse a cabo pola colaboración entre a AGACAL-CIAM, a Subdireción Xeral de Gandaría e as ADSG Montaña Lucense, Becerreá, Fonsega, Curtis, Gando vacún de Frades e Gando vacún de Mesía. Os concellos de Becerreá, A Fonsagrada e Curtis colaboran cedendo o lugar de celebración de cada unha das xornadas.

As xornadas versarán sobre os programas sanitarios desenvolvidos polas ADSG, facendo especial referencia aos programas autonómico e nacional voluntarios de loita contra a IBR. As xornadas de Becerreá e da Fonsagrada están mais orientadas á realización destes programas nas granxas de aptitude cárnica e a de Curtis centrarase no desenvolvemento destes programas nas granxas de produción de leite.

Cada unha das xornadas plantéxase con tres relatorios e unha mesa redonda. Os relatorios tratarán temas relacionados con ámbitos tan variados como a bioseguridade nas granxas, as axudas ao desenvolvemento destes programas sanitarios, os beneficios de desenvolvelos, a súa implantación, o diagnóstico laboratorial ou os relacionados coa investigación que a Consellería de Medio Rural desenvolve con respecto a eles. Na mesa redonda, o obxectivo é, sobre todo, o intercambio de ideas e opinións e dialogar sobre os problemas que se detectan e as perspectivas de futuro.

Estas xornadas están dirixidas, principalmente:

- a persoas que estean relacionadas con granxas de vacún, integradas ou non nunha ADSG,

- persoas con expectativas de incorporación ao sector primario,

- entidades que xestionen axudas relacionadas coa realización dos programas sanitarios ou

- público en xeral interesado en temas relacionados coa sanidade animal e o control sanitario na cadea alimentaria.

O límite de prazas para cada xornada é de 50, e o periodo de inscrición remata o día anterior á celebración da xornada.

Ademais dos link arriba indicados, o formulario de solicitude (sen os datos precubertos de cada xornada) pode descargarse na páxina web da consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/transferencia-tecnoloxica/plan-de-transferencia-tecnoloxica-2021).

As solicitudes de inscrición remitiranse ó correo electrónico: ciam.adsg@ciam.gal

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados