fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
Xornada Técnica: A fertilización nos cultivos forraxeiros ecolóxicos

Data: 19/11/2020

DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

DESCARGAR PROGRAMA DA XORNADA 

OBXECTIVOS

- Coñecer os fertilizantes, técnicas de aplicación e manexos que poden utilizarse en ecolóxico para subministrar os nutrientes que necesitan os cultivos forraxeiros, como son a aplicación de xurros, estercos e  esterco de galiñaza ecolóxicos, a achega de nitróxeno mediante fixación simbiótica das leguminosas e a utilización de rocas fosfóricas.
- Mellorar a fertilidade dos solos en ecolóxico.
- Mellorar a produtividade dos cultivos forraxeiros ecolóxicos para incrementar a rendibilidade e a competitividade  da produción de carne  e de leite de vacún en ecolóxico.
 
DESTINATARIOS
A xornada está dirixida a gandeiros ecolóxicos de vacún de carne e leite ou interesados en iniciar ou pasarse á produción ecolóxica, así como a técnicos e empresas de asesoramento en ecolóxico (entidades de aconsellamento e xestión).
 
INSCRICIÓNS
As solicitudes de inscrición pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberanse remitir por correo electrónico a ferecol@ciam.gal
 
Por limitacións de capacidade por restriccións debido ao Covid-19, habilitarase a posibilidade de seguir o día online vía webex, para o cal deberase indicar no correo electrónico se asistirá presencialmente ou online.
 
Aqueles participantes que elexiran a modalidade online recibirán un correo electrónico co enlace para seguir o día.
Admitiranse solicitudes ata as 12:00 h do día 18 de novembro. 
Prazas limitadas na modalidade presencial.
 
 
PROGRAMA
10:00-10:15 h. Presentación da Xornada.
 
10:15-11:15 h. Utilización de fertilizantes nos cultivos forraxeiros ecolóxicos. Joan Alibés Biosca.  Técnico de Beealia Asesoramento e Xestión de Ganderías.
 
11:15-11:45 h. Xestión dos xurros en ecolóxico. Utilización das ferramentas de apoio á decisión REN e RAX. Mª Isabel García Pomar e Dolores Báez Bernal. Investigadoras CIAM-Agacal.
 
11:45-12:00 h. Descanso
 
12:00-12:30 h. As leguminosas como fonte de nitróxeno natural nos cultivos forraxeiros. Dolores Báez Bernal e Mª Isabel García Pomar. Investigadoras CIAM-Agacal.
 
12:30-12:45 h. Resultados do campo de ensaio sobre o uso da roca fosfórica como fertilizante ecolóxico nunha pradeira. Mª Isabel García Pomar. Investigadora CIAM-Agacal.
 
12:45-14:30 h. Visita no predio do CIAM ao ensaio de aplicación de roca fosfórica en pradeira. Mª Isabel García Pomar, Dolores Báez Bernal e Joan Alibés Biosca.
 
ORGANIZA
Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-Agacal)
 
LUGAR DE CELEBRACIÓN
- Presencial: Salón de actos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Estrada Betanzos-Mesón do Vento Km 7 Abegondo
(A Coruña).
- Telepresencial: Aplicación WEBEX. O día previo enviarase un correo electrónico co enlace para seguir a xornada.
 
Xornada realizada no marco do Plan de transferencia para o apoio a actividades de demostración e de información ao agro galego 2020, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados