fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
Xornada Técnica sobre proxectos piloto e grupos operativos de innovación desenvolvidos en Galicia nos que participa AGACAL

Data: 20/11/2020

No seguinte vídeo amósanse as ponencias desenvolvidas durante a Xornada Técnica sobre proxectos piloto e grupos operativos de innovación desenvolvidos en Galicia nos que participa AGACAL
 
 

PONENCIA DOLORES BÁEZ BERNAL
PONENCIA THIERRY DAGNAC
PONENCIA LUIS URQUIJO ZAMORA
PONENCIA JUAN CASTRO INSUA
PONENCIA SANTIAGO CRECENTE CAMPO
PONENCIA TERESA MORENO LÓPEZ
PONENCIA CÉSAR RESCH ZAFRA
PONENCIA GONZALO FLORES CALVETE
 
DESCARGAR O FORMULARIO DE INSCRICIÓN
DESCARGAR PROGRAMA EN PDF
 
INTRODUCIÓN
O lanzamento da Asociación Europea de Innovación para unha agricultura produtiva e sostible en 2012 supuxo un cambio no xeito de emprender accións de transferencia de coñecemento no campo agrícola. O novo modelo pretende evolucionar dende un sistema lineal de transferencia de investigación aos usuarios, ata un sistema de co-creación entre os diferentes actores.
 
Para implementar esta nova filosofía, lanzáronse os Programas de Desenvolvemento Rural, os Grupos Operativos de Innovación e os Proxectos de Cooperación. No novo modelo interactivo de innovación, agora o coñecemento é co-creado por agricultores, investigadores, consultores, empresas, organizacións, etc., que traballan xuntos para conseguir unha produción agroalimentaria máis sostible, produtiva e rendible.
 
Seguindo este esquema, a Axencia Galega para a Calidade Alimentaria (AGACAL) participou en numerosos grupos operativos e proxectos piloto en colaboración con outros axentes do medio rural galego.
 
Neste contexto, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a Fundación Juana de Vega organizan o 20 de novembro unha conferencia de transferencia, que forma parte do Plan de Transferencia para apoiar as actividades de demostración e información para o agro galego 2020, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
 
Este seminario amosará os resultados e as liñas de traballo dos Grupos Operativos e Proxectos Piloto desenvolvidos en Galicia nos que participa o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente de AGACAL.
 
A presentación de resultados e liñas de traballo enmárcase con dúas presentacións contextuais sobre a importancia de AKIS (sistemas de coñecemento e innovación agrícolas) no próximo período de programación e as conclusións do Focus Group organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para o intercambio de propostas para fortalecer os AKIS en España.
 
A xornada está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente a sectores relacionados coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeira ou coa expectativa de incorporación, especialmente aos mozos do rural galego.
 
LUGAR DE CELEBRACIÓN
Salón de actos do CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo).
Estrada Betanzos-Mesón do Vento, km7; Abegondo (15318 A Coruña)
 
INSCRICIÓN
Para inscribirse na Xornada Técnica de Proxectos Piloto e Grupos Operativos de Innovación desenvolvida en Galicia na que participa AGACAL, organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo en colaboración coa Fundación Juana de Vega, é necesario descargar, completar e asinar o seguinte formulario estándar:
 
 
Unha vez completado e asinado, debe enviarse por correo electrónico a info@juanadevega.org
 
Debido ás limitacións derivadas das restricións pola COVID-19, a xornada será en formato telepresencial. Na solicitude deberá indicarse o correo electrónico de contacto onde poder comunicar o enlace de conexión online a través do que poderán seguir o evento.
 
XORNADA REALIZADA NO MARCO DO PLAN DE TRANSFERENCIA PARA APOIAR AS ACTIVIDADES DEMOSTRATIVAS E DE INFORMACIÓN PARA A AGRICULTURA GALEGA 2020, COFINANCIADAS POLO FONDO AGRÍCOLA EUROPEO PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR GALICIA 2014-2020.
 
 
 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados