fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Cursos impartidos
CURSO: Produción ecolóxica

Data: 23/11/2020

 
LUGAR.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO 
DESCARGA DE DÍPTICO
DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
 
OBXECTIVOS
Obxectivo principal:
Coñecer e afondar nos aspectos relacionados coa produción ecolóxica.
 
Obxectivos específicos:
  1. Aproveitar os recursos naturais coa fin de lograr produtos máis sans, nutritivos e naturais.
  2. Reducir o impacto ambiental das producións.
  3. Adquirir prácticas axeitadas á hora de levar a cabo actividades relacionadas coa produción ecolóxica.
  4. Coñecer as normas relacionadas coa temática e aplicalas adecuadamente.
 
O Regulamento (CE) 2018/848, sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos, aplicarase a partir do 1 de xaneiro de 2021.
Tentarase que o alumnado do curso se familiarice coa normativa que regula a produción, o control e a certificación dos alimentos ecolóxicos na Unión Europea. 
 
DESTINATARIOS:
  • - Mozas e mozos que pretendan instalarse ou recentemente incorporados ao sector.
  • - Titulares ou cotitulares das explotacións e produtores primarios.
  • - Familiares que traballen nas explotacións.
  • - Ser traballador asalariado do sector agrario ou gandeiro.
  • - Persoal de empresas agrarias, agroalimentarias, gandeiras ou forestais.
  • - Calquera persoa con interese na materia, incluíndo as que se atopan en risco de pobreza e/ou exclusión social
 
 
ORGANIZA.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (CIAM-AGACAL) 
Horario de 9:00 a 15:00 horas.
 
PROGRAMA:
09:00 – Presentación e proposta de obxectivos
09:15 – Introdución a produción ecolóxica
10:00 – A produción vexetal ecolóxica
10:45 – A produción gandeira ecolóxica
12:00 – Pausa   
12:20 – A transformación dos alimentos ecolóxicos
13:00 – A etiquetaxe dos produtos ecolóxicos
13:30 – Intercambios comerciais con outros países
14:00 – Regulamento (CE) Nº 2018/848 sobre produción ecolóxica
14:30 – Enquisa de satisfación
15:00 -  Despedida e peche
 
PROFESORADO:
- María del Carmen Fernández Ledo (xestora de proxectos sostibles e formadora especializada en Produción Ecolóxica).
 
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Salón de actos do CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO.
Estrada Betanzos-Mesón do Vento Km 7 Abegondo (15318 A Coruña)
 
Debido á Covid-19, habilitarase a posibilidade de facer o curso de forma telepresencial vía Webex.
Aqueles participantes que elixan a modalidade telepresencial recibirán un correo electrónico cun enlace para seguir o curso. 
 
SOLICITUDES:
A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia.
As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico ao enderezo cristina.fernandez.otero@xunta.gal ou por fax 881 881 800
Prazas limitadas. Por rigorosa orde de inscrición.
Admitiranse solicitudes ata o 19 de novembro de 2020.
 
 
ACCIÓN DE FORMACIÓN CONTINUA AGROFORESTAL 2020, COFINANCIADA CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.
 
  

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados