fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
Xornada técnica sobre os Recursos Fitoxenéticos conservados no CIAM

Data: 06/11/2020

DESCARGA DE PONENCIAS:

Manuel López Luaces

Resultados do Convenio coa Fundación Juana de Vega para a caracterización, recuperación e conservación da biodiversidade xenética vexetal de interese agrario de Galicia 

Emilia Díaz
 
Avaliación e rexistro das variedades minoritarias Albilla do Avia, Xafardán, Zamarrica, Ratiño
 
Beatriz Míguez Soto
 
Conservación e carecterización de castes e patróns híbridos de castiñeiro

Julio López Díaz

Sementes para o futuro: A colección de pratenses
 
 Mª José Bande Castro
 
Millo: variedades rexistradas e liñas puras
 
Luis Urquijo Zamora
 
Os cereais de inverno: trigo e centeo
 
César Iglesias Vázquez
 
Rexistro de material xenético para a creación de variedades. Rexistro de produtores e agricultores para venda e comercio
 
Xosé Antonio Meixide Fernández
 
 
Javier Ascasibar Errasti
 
 
Alfredo Taboada Arias
 
Especies e variedades de horta conservadas no CIAM
 
 
INTRODUCIÓN

O Banco de Xermoplasma traballa na recuperación, multiplicación e caracterización (morfolóxica, agronómica e molecular) de variedades e poblacións vexetais principalmente de orixen galego co fin de preservarlas evitando a súa extinción, contribuindo tamén a:

 
1. Conservar e incrementar a nosa biodiversidade agrícola, transferindo variedades de interese comercial ao sector produtivo.
 
2. Manter variedades locais, o que permite a conservación de xenes varietais que poden ofrecer unha mellor adaptación ás condicións locais e á súa posible resiliencia.
 
3. Conservar as variedades, non só por criterios produtivos, senon tamén polas súas singulares cualidades organolépticas.
 
4. Apoio ao agricultor e ás empresas do sector para un axeitado manexo de estos cultivos.
 
Actualmente no CIAM consérvase unha colección de millo (máis de 600 ecotipos e 695 liñas puras), máis de 1.600 mostras de sementes pratenses de 100 especies, unhas 300 accesións de cereais de inverno (trigo e centeo), cultivos hortícolas (tomate, pemento, leitugas, cebolas, etc.) e unha colección de manziñeiras y perais, neste caso mantidos in vivo.
 
Como resultado do intenso traballo dende a década de 1970, moitas variedades de conservación ou comerciais, así como poblacións naturais, foron rexistradas ou están en proceso de ser rexistradas nos últimos anos para poñelas a disposición do sector.
 
A Fundación Juana de Vega colabora na organización desta xornada na que se amosará o conteido de las coleccións e os resultados obtidos hasta a este momento con este material, tanto en términos de conservación, multiplicación e caracterización, como en términos de rexistro de variedades.
 
O Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Xunta de Galicia tamén abordará a normativa e particularidades da comercialización de variedades rexistradas, e o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Guísamo como experiencias afíns para a formación e transferencia de variedades tradicionais.
 
Tamén se presentarán os resultados obtidos no convenio entre a Fundación Juana de Vega e AGACAL para "A caracterización, recuperación e conservación da biodiversidade de prantas de interese agrario en Galicia".
 
A xornada está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente a sectores relacionados coa agricultura, a gandeiría, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madereira ou con expectativa de incorporación, especialmente homes e mulleres xóvenes da Galicia rural.
 
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Salón de actos do CIAM.
Estrada Betanzos-Mesón do Vento Km 7 Abegondo (15318 A Coruña)
 
DESCARGA PROGRAMA DA XORNADA EN PDF
 
INSCRICIÓNS: Cómpre descargar, cumprimentar e asinar o seguinte formulario:
 
DESCARGA DE FORMULARIO DE INSCRICIÓN
 
Unha vez completado e asinado, debe enviarse por correo electrónico a info@juanadevega.org
 
Por limitacións de capacidade por restriccións debido ao Covid-19, habilitarase a posibilidade de seguir o día online vía webex, para o cal deberase indicar no correo electrónico se asistirá presencialmente ou online.
 
Aqueles participantes que elexiran a modalidade online recibirán un correo electrónico co enlace para seguir o día.
 
XORNADA REALIZADA NO MARCO DO PLAN DE TRANSFERENCIA PARA O APOIO A  ACTIVIDADES DEMOSTRATIVAS E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALEGO 2020, COFINANCIADA POLO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.
 
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados