fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Teses doutorais finalizadas
"Leguminosas pratenses en sistemas de baixo input en Galicia: Efecto sobre a produción e o perfil de ácidos graxos do leite de vacún"

Data: 28/02/2020

botana

 
Autor: Veiga López, Marcos

Director: César Resch Zafra

RESUMO 

A produción de leite de vaca en Galicia é unha actividade estratéxica para o futuro do rural. Enfrontada a un mercada aberto e competitivo, a produción baseada en pastos con especies leguminosas constitúe unha oportunidade de diferenciación, por conformar as demandas actuais da poboación de alimentos sans, saudábeis e compatíbeis co mantemento do medio ambiente. A utilización de especies leguminosas na alimentación animal presenta vantaxes nutricionais, de aforro de insumos, e pode mellorar a composición do leite. Neste traballo estúdase o efecto da alimentación con especies leguminosas, en comparación có raigrás inglés, sobre a produtividade e o perfil graxo do leite de vacún, consumidas en pastoreo ou ensiladas.

Esta tese de doutoramento realizouse no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) da Xunta de Galicia, dentro do programa de Doutoramento en Investigación Agraria e Forestal da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a dirección do  Dr. César Resch Zafra e  a titoría da Dra. Rosa Mosquera Losada.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados