fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Cursos impartidos
Curso: Manipulador de alimentos. Hixiene e Seguridade Alimentaria.

Data: 22/11/2019

LUGAR.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO 
DESCARGA DE DÍPTICO
DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
 
OBXECTIVOS
Obxectivo principal:
Coñecer e afondar nos aspectos relacionados coa hixiene alimentaria.
 
Obxectivos específicos:
. Desenvolver aspectos hixiénico-sanitarios e técnicos directamente relacionados co traballo do manipulador.
. Reducir a incidencia das enfermidades tóxico-alimentarias.
. Determinar os perigos alimentarios e as medidas preventivas para o seu control.
. Coñecer as principais enfermidades de orixe alimentaria e as medidas para a súa prevención.
. Adquirir prácticas correctas de hixiene na manipulación dos alimentos.
. Coñecer as normas en materia de xestión de alérxenos alimentarios.
 
Farase fincapé para que o alumnado do curso: 
1- Coñeza os perigos alimentarios que poden existir e as súas consecuencias.
2- Adquira hábitos e actitudes axeitadas durante o traballo, eliminando as prácticas incorrectas ou perigosas que causen un risco na seguridade dos alimentos.
 
O alumnado obterá coñecementos sobre os métodos de vixilancia, programas e plans existentes para o control da seguridade alimentaria no lugar de traballo.
 
DESTINATARIOS:
- Mulleres e mozos/as agricultores
- Persoas con expectativas de incorporación ou que se acaben de incorporar (nos últimos dous anos)
- Persoal de empresas agrarias, alimentarias e entidades asociativas agrarias
- Produtores primarios e titulares de explotacións
- Calquera persoa con interese na materia, incluíndo as que se atopan en risco de pobreza e/ou exclusión social 
 
ORGANIZA.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (CIAM-AGACAL) 
Horario de 9:00 a 15:00 horas.
 
PROGRAMA:
09:00 – Presentación e proposta de obxectivos
09:15 – Introdución. Principios xerais  
10:00 – Enfermidades de transmisión alimentaria
10:45 – Hixiene persoal
12:00 – Pausa   
12:20 – Limpeza, desinfección e control de pragas
13:00 – O sistema de autocontrol: APPCC.
13:30 – Boas prácticas na manipulación de alimentos
14:00 – Alérxenos alimentarios
14:30 – Enquisa/Test de avaliación
15:00 – Despedida e peche.
 
PROFESORADO:
- Raquel Varela Franqueira (consultora e formadora especializada en Seguridade Alimentaria).
 
SOLICITUDES:
A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia.
As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico ao enderezo ciam.cmr@xunta.gal ou por fax 881 881 800
Prazas limitadas. Por rigorosa orde de inscrición.
Admitiranse solicitudes ata o 20 de novembro de 2019.
 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados