fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
A industria láctea aposta por un leite en pastoreo

Data: 15/08/2018

No Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) véñense realizando estudos no marco de distintos proxectos de investigación como o INIA RTA2012-00065-C05-02 e o Feader 2015/41 nos que, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e outros grupos de investigación, se ten comparado o perfil de ácidos graxos do leite e a súa relación coa dieta das vacas.

Para a realización destes estudos seleccionáronse 45 explotacións galegas con diferente grao de intensificación.

Entre as conclusións destas investigación comprobouse que as dietas onde predomina o pasto fresco melloran o perfil de ácidos graxos do leite dende o punto de vista da saúde humana.

Así, as dietas onde a forraxe predominante é a herba fresca ou conservada presentan os ratios máis favorables da relación omega-6/omega-3 e entre os isómeros trans11 e trans10 do ácido oleico, comparadas coas dietas onde predomina a ensilaxe de millo, suplementadas.

Como resultado destes estudos a industria láctea aposta por ofertar ao mercado un leite en pastoreo: Leite Celta é a segunda firma que se suma a esta tendencia logo de que hai uns meses Larsa puxera á venda nos lineais de distribución este leite diferenciado en base á alimentación con pasto.

Fonte: Campo Galego

Enlace: http://www.campogalego.com/leite/o-leite-de-pastoreo-ultimas-aposta-das-industrias-lacteas/

 Para ampliar información, ver tamén: http://www.campogalego.com/leite/como-influe-o-que-come-vaca-na-calidade-da-graxa-leite/

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados