Data: 05/07/2018
A través das accións de transferencia 2017, desenvolveuse no CIAM o campo de demostración co número de protocolo 2017/184 e titulado: "O uso da transferencia embrionaria e a fecundación in vitro no gando vacún como técnicas reprodutivas para o incremento da rendibilidade dunha explotación gandeira".
Gracias á financiación desta actividade de demostración e en colaboración con Xenética Fontao SA puidiéronse realizar varias transferencias embrionarias no rabaño Holstein de produción de leite do CIAM que deron como resultado o nacemento de varios animais. Entre eles destacan os nados no mes de febreiro de 2018:
CIAM-XF STYX R. LOIRA RED ET
CIAM-XF APPLICABLE DALMATA ET
LOIRA é unha xovenca que quedou de número 30 no ranking das 1000 mellores xovencas xenómicas de España de entre todos os animais analizados de menos de 18 meses por CONAFE nos listados do mes de xuño. Pero, ademáis dase a circunstancia de que é a número UN de entre as de capa berrenda en colorado (vermella e branca) cun índice ICO Xenómico de +4.412 e plantéaselle un futuro interesante como nai de futuros touros sementais para a raza.
Como información adicional, trátase dunha irmá materna do touro de nome VEKIS RISK importado recentemente por Xenética Fontao SA e que obteu un ICO Xenómico de +4.862 puntos ocupando o segundo posto no ranking dos mellores touros xenómicos españois, xusto por detrás de CLUN que é o semental número un de España, tamén propiedade de Xenética Fontao SA.
A familia materna de LOIRA RED é a coñecida familia "Prudence", familia materna de SUPERTORO, pai doutras becerriñas con boa base xenética xenómica que se obtiveron neste centro de investigacións agrarias froito da colaboración coa empresa pública Xenética Fontao SA na aplicación destas técnicas reprodutivas.
DALMATA tamén é unha xovenca que acadou un ICO Xenómico de +3.838 puntos que a sitúa no número 489 das 1000 mellores becerras con proba xenómica oficial emitida por CONAFE en xuño de 2018 para toda a población de frisonas de España.
Esta acción de transferencia púxose a disposición do sector agrario galego como campo de demostración exemplo para o incremento da rendibilidade e producción mediante o uso de técnicas reprodutivas ao ao servizo da gandeiría galega
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX