fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
Manuel Rodríguez Vázquez tomou hoxe posesión como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Data: 04/06/2018

FONTE: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/31136/manuel-rodriguez-vazquez-tomou-hoxe-posesion-como-director-axencia-galega-calidade

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá en San Caetano a toma de posesión de Manuel Rodríguez Vázquez como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

reunionpastos4

A conselleira felicitou a Manuel Rodríguez polo seu nomeamento e agradeceu o seu compromiso de traballo e plena disposición para asumir esta nova responsabilidade profesional, insistindo na necesidade de promover e potenciar un dos sectores máis representativos da nosa economía. Pola súa parte, o novo director agradeceu a confianza depositada nel pola conselleira e comprometeu o seu esforzo e dedicación para desempeñar este cargo. A Agacal é o instrumento básico de actuación da Xunta en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade, así como de potenciación da calidade da produción alimentaria galega, concentrando as actividades investigadoras e de desenvolvemento tecnolóxico no eido alimentario.

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados