fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Visitas divulgativas
Visita ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo de produtores lácteos e técnicos da Cooperativa AGROS de Portugal.

Data: 12/04/2018

O xoves 12 de abril visitaron as instalacións do CIAM uns 65 produtores de leite de vacún e técnicos da cooperativa AGROS da zona de Porto (Portugal) co obxectivo de coñecer as investigacións en materia de produción e utilización de ensilaxes de herba na produción de leite. A xornada foi auspiciada no marco da colaboración entre o centro de investigación público e a empresa biotecnolóxica Lallemand Bio SL. Foron recibidos polo director do CIAM, Dr. Manuel Luaces o cal lles comentou as particularidades e características da investigación aplicada e colaborativa que se realiza no CIAM.

visitaportugal

Posteriormente o xefe do departamento de Pastos e Cultivos, Dr. Gonzalo Flores impartiu unha conferencia sobre a produción, valor nutricional e utilización da ensilaxe de herba nas dietas das vacas de leite. Nela se remarcou a necesidade de aproveitar a capacidade das explotacións para producir ensilaxes de calidade que deben ser utilizados eficientemente na alimentación das vacas co obxectivo de reducir os custos de produción, evitar impactos ambientais e adecuar as características do produto e do proceso de produción de leite ás demandas actuais do consumo.

Tras a charla sobre utilización de inoculantes para ensilaxe de herba do Manager Director  de Lallemand Bio SL, Sr. Domenec Esteva, os participantes visitaron as instalacións experimentais de produción de leite e zonas de cultivos da finca do CIAM acompañados polo Dr. César Resch e o Inx. Agrónomo Juan Valladares, que informaron aos presentes da marcha dos proxectos de investigación en curso, entre eles o proxecto INTERREG Dairy for Future que se desenvolve en colaboración con outros 11 centros de investigación e máis de 20 entidades privadas e públicas do sector lácteo do Arco Atlántico Europeo.

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados