Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia
Data: 27/04/2018
IV REUNIÓN DE PRIMAVERA DA SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES
-PROGRAMA-
DESCARGAR DÍPTICO
VENRES 27 - INVESTIGACIÓNS EN PRODUCIÓN DE LEITE NO CONTORNO CIAM-LIGAL
Lugar: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo – A Coruña)
10:15 – Recepción de asistentes
10:30 – Inauguración a cargo de Dna. Ángeles Vázquez Mejuto (Conselleira do Medio Rural).
10:45 – A produción láctea de Galicia, referente de leite de calidade.
Dr. Roberto Lorenzana Fernández (Director xerente do LIGAL)
11:15 – Proxectos colaborativos en produción de leite de vacún: sistemas de alimentación e composición diferencial do leite nas explotacións leiteiras ecolóxicas e convencionais de Galicia.
Dr. César Resch Zafra (Investigador en produción de leite do CIAM)
11:45 - Pausa para café
12:15 – Rotacións de cultivos forraxeiros para a produción de leite.
Dr. Gonzalo Flores Calvete (Xefe do Departamento de Pastos e Cultivos do CIAM)
12:45 – Prácticas de mitigación de emisións de gases de efecto invernadoiro relacionadas coa fertilización orgánica e mineral en cultivos forraxeiros.
Dra. Dolores Báez Bernal (Investigadora nas áreas de fertilización e tecnoloxía do ambiente en actividades agrarias do CIAM)
13:15 – Mesa redonda e coloquio moderado por Eloi Villada Legaspi (Presidente da SGPF)
Presentación e debate sobre diferentes sistemas de produción de ganderías de leite
-Produción ecolóxica – Gandería Codesal (Friol – Lugo)
-Retorno ao pastoreo e fabricación de queixos – Gandería Outeiro, (Chantada – Lugo)
-Produción forraxeira intensiva en sistemas de “todo ensilado” – Gandería Ventura, (Frades – A Coruña)
14:15 – Clausura da sesión a cargo do Dr. Manuel López Luaces (Director do CIAM).
14:30 – Xantar
17:00 – Visita aos ensaios do terreo do CIAM
19:00 – Fin da xornada
SÁBADO 28 – INVESTIGACIÓNS EN PRODUCIÓN DE CARNE DE VACÚN NA ZONA DE MONTAÑA
Lugar: Salón de actos do Parque eólico experimental SOTAVENTO (Momán – Xermade - Lugo)
09:30 – Recepción de asistentes e visita guiada ao parque eólico
10:30 – Bases dos sistemas de produción de carne nos terreos de monte: a experiencia do Marco da Curra.
Dr. Francisco Sineiro García (Investigador e profesor emérito da USC)
11:15 – Pausa-café
11:45 – Traslado ao terreo experimental do Marco da Curra.
12:00– Proxectos actuais de investigación en produción de carne nas zonas de monte.
Dr. Santiago Crecente Campo (Investigador en produción de carne do CIAM)
13:15 – Visita á granxa SAT MARGÁ (Leite en pastoreo)
14:45 – Xantar e fin da xornada