fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria mellorará a aplicación do I+D+i ao agro e a promoción dos seus produtos

Data: 05/04/2018

FONTE DA NOVA: Información aos medios Consello da Xunta
 
O Consello do Goberno galego aprobou hoxe  o  decreto  polo  que  se  crea  a Agacal, ente que integra o antigo Ingacal e outros departamentos da  Consellería    do Medio Rural e que manexará un orzamento próximo aos 30 millóns de euros
Será o instrumento básico de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade, así como de potenciación da calidade da produción alimentaria galega
Agrúpanse todas as competencias relacionadas coa aplicación do  I+D+i  ao  agro, así como as relativas á formación, de maneira que todos os centros formativos de Medio Rural dependerán directamente da nova axencia
 
O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), tras o ditame positivo do Consello Consultivo de Galicia.  Con este paso, a norma remata a súa tramitación, o que permitirá a súa constitución formal coa celebración da sesión constitutiva do seu consello reitor, que terá lugar nun prazo de tres meses.
 
A Agacal será o instrumento básico de actuación da Xunta en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos  distintos indicativos de calidade, así como de potenciación da calidade da produción alimentaria galega, concentrando as actividades investigadoras e de desenvolvemento tecnolóxico no eido alimentario.
 
Agrúpanse así, nunha única axencia, todas as competencias relacionadas coa aplicación do I+D+i ao agro, así como as relativas á formación, de maneira que todos os centros formativos da Consellería do Medio Rural dependerán directamente da Agacal, que estará presidida pola conselleira e contará cun director, con rango de director xeral.
 
Estrutura e centros
A Axencia estruturarase en diferentes departamentos:  Innovación  Tecnolóxica, Promoción da Calidade Agroalimentaria e Formación. Deste último, dependerán os  centros de formación e experimentación do Medio Rural (Pedro Murias, Guísamo, Lourizán, Monforte, Sergude e Becerreá). Así mesmo, coordinará os centros de investigación, caso do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam), a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) ou o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, entre outros.
 
A creación desta entidade suporá a desaparición do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal). Pola súa banda, a Agacal manexará arredor de 30 millóns de euros, que son os previstos nas contas do propio Ingacal, da Subdirección Xeral de Formación e Innovación Agroforestal e do Servizo de Promoción da Calidade Agroalimentaria, que se integrarán no novo ente.
 
A reorganización e mellora do funcionamento desta axencia redundará nunha mellor protección e promoción da calidade dos produtos alimentarios galegos, co conseguinte beneficio para todos os axentes da cadea de valor destas producións, desde o agricultor-gandeiro ata o consumidor final. Ademais, fomentarase dun  xeito  máis eficiente todo o relativo á aplicación da  I+D+i  no  eido  alimentario  e  agroforestal,  o  que beneficiará non só os produtores e industrias vinculados con  estas  actividades,  senón tamén a poboación en xeral, xa que incidirá positivamente na calidade dos alimentos consumidos.
 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados