fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Cursos impartidos
Acto Inaugural no CIAM do Máster en Produción de Leite do Campus Terra da USC

Data: 15/09/2017

master

A Conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, inaugurou esta mañá no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) o Máster en Produción de Leite que neste ano cumple a súa cuarta edición. 

 

A Conselleira estivo acompañada neste acto inaugural polo vicereitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno; o director xerente do Ligal, Roberto Lorenzana; o director do Máster, José Manuel Pereira e o director do CIAM, Manuel López. Tamén estivo presente a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.

 

Dende a primeira edición do máster no curso académico 2012/2013, o INGACAL, a través do CIAM, colaborou activamente na súa execución gracias á participación dos seus investigadores como docentes, e poñendo a disposición do alumnado as instalacións para o desenvolvemento das clases prácticas. 

 

Neste senso, o CIAM conta cun rabaño de gando vacún de leite de 200 cabezas, o que permitirá ao alumnado entender dun xeito máis visual e práctico algunhas das temáticas desenvolvidas nos diferentes módulos impartidos, como poden ser o estudo e análise das operacións de ordeño, a morfoloxía da vaca de leite, a maquinaria agrícola, as técnicas de ensilados, os cultivos forraxeiros etc.

 

O Máster en Produción de Leite do Campus Terra da USC, permitirá obter un coñecemento de primeira mán da situación do sector dende un punto de vista teórico e sobre todo práctico.

As clases desenvolveranse no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo  (CIAM), o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL).

Nesta edición está patrocinado por Progando, a Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña, Delagro, a Deputación Provincial de Lugo e Capsa Food.

Fontes: http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/24361/angeles-vazquez-destaca-aumento-producion-leite-galicia-que-manten-como-comunidade

http://www.revistaafriga.com/noticias/inaugurado-o-master-en-producion-de-leite-da-usc/

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados