fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
I XORNADA TÉCNICA Vaca e Boi de Galicia

Data: 30/06/2017

Extech

 Este venres 30 de xuño vén de celebrarse no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a I Xornada Técnica de Vaca e Boi de Galicia, pois empeza a funcionar a nova IXP Vaca e Boi de Galicia que amparará as vacas e bois criados en Galicia que cumpran o regulamento.

Con motivo desta xornada o CIAM expuxo as súas experiencias na cría de bois de raza Rubia Galega e de raza Holstein-Friesian.

Os estudos mostraron que, para un peso canal parecido duns 500 kg, se ben a raza Rubia Galega presenta un maior rendemento en pezas cárnicas, a raza frisona presenta un maior contido en graxa de infiltración. A graxa intramuscular ou marmoleo é o principal parámetro que proporciona á carne de boi as especiais características que a definen, pois este contido graxo está relacionado cunha maior tenrura da carne, máis xugosidade e, en xeral, maior valoración por parte de paneis de catadores. Estes resultados concordan con outros estudos, onde xa se menciona que as razas leiteiras, máis precoces, depositan máis graxa intramuscular que as razas de orientación cárnica, de maduración máis tardía, que normalmente presentan maior contido de graxa subcutánea.

As experiencias realizadas basearon a alimentación dos animais no pastoreo, no consumo de ensilado de herba e pequenas doses de concentrados. Os resultados mostraron que, se ben estes sistemas permiten producir a baixo custo, non permitiron acadar unha clasificación canal media suficiente para cumprir as esixencias do regulamento da IXP Vaca e Boi de Galicia. Habería que pensar polo tanto en sistemas un pouco máis intensivos que, por exemplo, incluíran unha fase de acabado con concentrados a vontade.

Así mesmo, comparando bois rubios con vacas da mesma raza, da mesma idade, e acabadas coa mesma alimentación, non se observaron diferenzas importantes entre eles na valoración sensorial, polo que, a falta de máis estudos, queda cuestionada a maior calidade que se lle atribúe á carne de boi fronte á de vaca.

Quedan aínda bastantes cuestións por resolver, como o nivel óptimo de marmoleo ó que se debería chegar para obter a mellor relación calidade-prezo, facer unha prospección do mercado deste tipo de carne para coñecelo ó detalle e probar a eficiencia doutras razas ou cruces. Todas estas cuestións trataranse de resolver en futuros proxectos e investigacións. 

DESCARGAR PDF DA XORNADA

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados