fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Charlas científicas
XIX Congreso internacional sobre avances en Tecnoloxías de Extracción “Extech”

Data: 28/06/2017

Extech

 A conselleira do Medio Rural, inaugurou esta mañá o XIX Congreso internacional sobre avances en Tecnoloxías de Extracción “Extech” que se celebrará ata o venres na facultade de Medicina e que reune a máis de 300 expertos en analítica de todo o mundo. Durante a súa intervención, Ángeles Vázquez, aproveitou para felicitar aos investigadores dos centros dependentes da consellería e en particular do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e do Instituto Galego de Calidade Alimentaria, xa que colaboran na celebración destas xornadas.

“O excelente labor dos nosos investigadores lévanos a estar en todos os foros internacionais”, declarou a titular de Medio Rural, que agradeceu aos organizadores que elixiran Galicia, e en particular Santiago de Compostela, como sede para a edición deste ano dun congreso que reúne aos maiores expertos en tecnoloxías de preparación de mostras e de todo o proceso analítico. De feito, nesta edición están inscritas unhas 300 persoas procedentes de máis de 30 países.

Neste sentido, Ángeles Vázquez e a vicerreitora de Internacionalización da USC, Almudena Hospido, deron a benvida a todos os participantes á cidade. “Estou segura de que a hospitalidade galega conseguirá que os tres días de duración do simposio sexan inesquecibles para vostedes”, declarou a conselleira, que destacou a “oportunidade” que ofrecen este tipo de eventos para coñecer e incorporar avances e ideas.

De feito, presentaranse máis de 340 proxectos de investigación, ademais de outorgar premios ás mellores contribucións científicas. Doutra banda, tamén as casas comerciais terán a oportunidade de exhibir as súas propostas en instrumentación analítica.

Extech en Galicia
A conferencia segue o formato das conferencias anteriores que tiveron un gran éxito e “proporcionará a todos os participantes unha ampla actualización multidisciplinaria no campo das tecnoloxías de extracción”, declarou Vázquez.

O congreso Extech comezou en 1999 en Canadá e dende entón celébrase anualmente nunha cidade diferente. A próxima edición está previsto que se celebre no continente americano.

Investigación da consellería
A innovación e formación é un dos piares da Consellería do Medio Rural para facer máis competitivo o agro galego. De feito, este departamento conta con ata catro centro de investigación: o CIAM, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e outros cinco de experimentación agroforestal en Guísamo (A Coruña), Sergude (A Coruña), Becerreá (Lugo), Monforte de Lemos (Lugo), o Pedro Murias de Ribadeo (Lugo) e, de novo, Lourizán.

FONTE DA NOVA: http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/22545/angeles-vazquez-resalta-calidade-dos-investigadores-medio-rural-que-estan-presentes

MÁIS INFORMACIÓN DO CONGRESO: http://extech2017.es/

NOVIDADES DO CIAM

foto
23/11/2021
CURSO: Derivados lácteos ecolóxicos: Oportunidades de emprego mediante o desenvolvemento da industria láctea ecolóxica
foto
19/11/2021
VIII Edición Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética
foto
18/11/2021
CURSO: Seguridade alimentaria: Agroecoloxía e consumo responsable
foto
22/10/2021
Xornada técnica: pasado, presente e futuro das marcas de calidade diferenciada de Galicia. Relación co sistema galego de I+D+I
foto
13/10/2021
Xornadas técnicas: Programas sanitarios nas ADSG de vacún de carne e de leite, con especial referencia ao programa nacional e autómico de control e vixilancia da IBR
foto
08/09/2021
Xornada Técnica: Avaliación de variedades comerciais de millo forraxeiro

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados