Data: 24/05/2017
O CIAM forma parte da rede de ensaios GENVCE (Grupo para a Avaliación de Novas Variedades de Cultivos Extensivos en España)
Este grupo de traballo está integrado por técnicos responsables da realización dos ensaios das redes de experimentación de variedades das Comunidades Autónomas, da Oficina Española de Variedades Vexetais (OEVV), do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA) e de empresas do sector privado.
O obxectivo de GENVCE é o de ofrecer ao sector cerealista (técnicos, agricultores, industriais e administración) información precisa e práctica sobre a adaptación agronómica e a calidade das novas variedades de cereais, nas distintas áreas de cultivo de España.
No Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, realízanse ensaios de variedades de trigo e cebada.
O vindeiro 24 e 25 maio terá lugar unha xornada técnica en Pamplona onde se amosarán os resultados dos ensaios da rede GENVCE. (DESCARGAR PDF XORNADA TÉCNICA)
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX