fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
A Conselleira de Medio Rural visita a Estación Experimental do Baixo Miño en Salceda de Caselas, dependente do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Data: 28/04/2017

Con motivo da visita de Ángeles Vázquez á Estación Experimental do Baixo Miño en Salceda de Caselas, púxose en funcionamento unha páxina dentro da web do CIAM con información sobre a Estación e a súa actividade.

Salceda

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá as instalacións da Estación Experimental Agraria do Baixo Miño, onde destacou o importante labor investigador que leva a cabo para manter e mellorar a calidade dos produtos agroalimentarios galegos. Ángeles Vázquez puido coñecer así de primeira man o traballo que se desenvolve neste centro dependente de Medio Rural, que conta cunha finca de 7,2 hectáreas repartidas en varias parcelas con cultivos ao aire libre, cultivos en invernadoiro e viñedos.

Este centro desenvolve diversas funcións relacionadas co agro. Traballa pola conservación dos recursos fitoxenéticos, pola mellora das prácticas agrarias e en xeral en todos os ámbitos vinculados co sector como o das enerxías renovables ou a agricultura ecolóxica. A conselleira interesouse tamén polos proxectos de investigación que se están a levar a cabo en colaboración con outras entidades, centrados na mellora da sanidade da planta de viveiro, a aplicación de novas tecnoloxías para reducir a pegada de carbono nas explotacións hortícolas e outro sobre a localización e caracterización das plantas macrófitas (aquelas que poden vivir en terreos inundados) de Galicia co fin de crear un viveiro de abastecemento para depuradoras por lagunaxe.

Ángeles Vázquez puido comprobar o labor investigador que realizan os técnicos da estación, no referente aos recursos fitoxenéticos de Galicia. Así, estase a traballar, por exemplo, na selección do pemento de Guláns para mellorar o pelado, na recuperación do pemento de Arnoia, na na multiplicación e caracterización de 14 variedades de cabaza autóctona, en 12 variedades de chícharos e 61 de feixóns galegos e na multiplicación tamén de 124 cultivares de mirabeis. Con este proceso permítese conservar os nosos produtos e mellorar a súa calidade, para logo facilitarllos aos nosos agricultores.

No que respecta á mellora das prácticas agrarias que tamén se investigan no centro co fin de favorecer un desenvolvemento sustentable e acorde co medio ambiente, Ángeles Vázquez destacou o importante que é afondar neste campo. “Porque para que o rural galego teña forza é preciso investir nel, buscar alternativas e actualizar as súas demandas e necesidades”, declarou Ángeles Vázquez.

A conselleira agradeceu todo este esforzo dos investigadores que redunda de forma directa no desenvolvemento das actuacións a levar a cabo polos agricultores galegos. Grazas a este tipo de centros, engadiu, podemos orientar ao produtor nos sistemas de explotación, nas técnicas de cultivo máis idóneas e no comportamento varietal mediante ensaios.

Estación experimental

A Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño foi inaugurada no ano 1989 co obxectivo de atender as demandas de particulares e profesionais no relativo a actividades hortícolas, florícolas, froitícolas e vitícolas. O centro conta cunha finca de 7,2 hectáreas. Para os ensaios que se veñen realizando no centro hai 4.200 metros cadrados de cultivos ao aire libre, 4.480 metros cadrados de cultivos en invernadoiro, 1.560 metros cadrados de froiteiras, 500 de viveiro e 7.370 de viñedo.

Nestes espazos realízanse ensaios estatísticos sobre o cultivo de tomate, pementos, xudías, repolos, leitugas, entre outras especies hortícolas. Tamén se traballa con variedades florícolas, árbores froiteiros, sistema de formación en albariño. 

Este centro desenvolve diversas funcións relacionadas co agro. Traballa pola conservación dos recursos fitoxenéticos, pola mellora das prácticas agrarias e en xeral en todos os ámbitos vinculados co sector como o das enerxías renovables ou a agricultura ecolóxica. A conselleira interesouse tamén polos proxectos de investigación que se están a levar a cabo en colaboración con outras entidades, centrados na mellora da sanidade da planta de viveiro, a aplicación de novas tecnoloxías para reducir a pegada de carbono nas explotacións hortícolas e outro sobre a localización e caracterización das plantas macrófitas (aquelas que poden vivir en terreos inundados) de Galicia co fin de crear un viveiro de abastecemento para depuradoras por lagunaxe.

 

FONTE: www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/20643/angeles-vazquez-destaca-labor-investigadora-estacion-experimental-agraria-del

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados