Data: 14/02/2015
Nesta xornada tratarase de coñecer os sistemas de cebo desenrolados no CIAM nas últimas décadas e debatirase con representantes do sector cárnico sobre as posibilidades de comercialización.
Pola tarde faranse visitas a explotacións da zona.
A xornada vai dirixda a técnicos, gandeiros e profesionais do sector cárnico.
Lugar da xuntanza: Biblioteca pública de Abadín (Lugo).
PROGRAMA DA XORNADA.
10:30 h. Presentación da xornada. Transformacións de terreos de monte para pastos na comarca nos últimos 30 anos.(Eloi Villada Legaspi-Presidente da SGPF).
10:45 h. O cebo de xatos a baixo custe con pastos, forraxes conservadas e concentrados. Experiencias do CIAM. Santiago Crecente Campo, Dolores Díaz Díaz, Nieves Díaz Díaz.
12:00 h. Discusión e coloquio.
12:30 h. Pausa para café.
13:00 h. Mesa redonda sobre experiencia e problemas no cebo de bovinos. Moderadora: Dolores Díaz Díaz e participantes: Marcelino Díaz Campos (gandeiro de bovino de carne); Eliseo Muñiz (cebador de xatos); Valentín Díaz Hermida (Albresa); José Manuel Méndez (gandeiro vacún de carne).
14:15 h. Xantar
16:00 h. Visita a explotacións da zona.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX