fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2020-02
Ano de inicio: 2020
Investigador Principal: Carmen Calvo Santalla
Outros investigadores: Manuel López Luaces COOPERANTES: Subdirección Xeral de Gandaría- Consellería do Medio Rural; ADSG Curtis; ADSG do Gando Vacún de Mesía
Departamento:
Área:

 A IBR é unha enfermidade infecto-contaxiosa que afecta a bovinos e que provoca sintomatoloxía respiratoria e reprodutiva, así como diminución na produción de leite. A súa importancia tamén se debe ás restricións do movemento de gando e a influencia que isto ten no mercado. Recentemente, o Goberno español publicou un Real Decreto que instaura un plan voluntario para o control e erradicación desta enfermidade. En Galicia veñen desenvolvéndose programas sanitarios a través das asociacións de defensa sanitarias gandeiras, e entre eles está o da IBR. O diagnóstico oficial lévase a cabo no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia. Porén estas técnicas están encamiñadas á detección da enfermidade, e non contemplan a utilización de técnicas complementarias de uso non rutineiro. Por iso, nesta acción de cooperación plantéxanse unha serie de propostas encamiñadas a completar aspectos non considerados no diagnóstico rutineiro.

As ténicas inmunolóxicas son as máis utilizadas, sen embargo é necesario avaliar o comportamento dos dintintos kits comerciais dispoñibles con mostras de valor coñecido procedentes das zonas onde se van aplicar, o que permite coñecer parámetros como a súa sensibilidade e a especificidade en condicións reais de uso no campo. Tamén é necesario contar coa virus neutralización, técnica que avalía o nivel de anticorpos neutralizantes fronte o herpesvirus bovino tipo 1. Por outra banda, as diferencias na infección nos rabaños poderían estar relacionadas coa variabilidade xenética das cepas circulantes, por iso é preciso poñer a punto técnicas que permitan efectuar a identificación xenética do virus detectados nos rabaños seropositivos. Outro aspecto fundamental é a avaliación conxunta da información, tanto dos plans de vixilancia serolóxica como das posibles cepas detectadas, a través de estudos epidemiolóxicos para poder establecer medidas que permitan

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados