fondo
Logo Conseller�a
Logo Ingacal
CIAM
Salceda
Salceda > Transferencia Tecnolóxica

Recursos Fitoxenéticos

A partires dos anos 60 fixéronse prospeccións por toda Galicia para recoller sementes de variedades tradicionais co fin de evitar a súa desaparición debido a introdución dos cultivares comerciais, máis produtivos e homoxéneos. Todo este acervo xenético de cereais, pratenses, hortícolas e froiteiras, se conserva no Banco de Xermoplasma do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Estas variedades autóctonas a día de hoxe hai que velas como unha fonte de diversificación da produción con produtos de calidade e cun nicho no mercado ven establecido de “Produto da Terra”.

A EEA do baixo Miño multiplica e caracteriza todas as variedades hortícolas, paso previo necesario cara a súa utilización en planes de mellora xenética orientados a procura de variedades de máis rusticidade e adaptadas as condición agroclimáticas de Galicia, moi demandadas polos agricultores de produtos ecolóxicos.

PEMENTO
“Multiplicación e caracterización de 20 variedades de pemento galegos” .

Ver máis

TOMATE
“Multiplicación e caracterización de 20 variedades de pemento galegos”

Ver máis

CHÍCHARO
“Caracterización de 120 variedades de chícharos galego e a súa valoración agronómica e a idoneidade para a comercialización”

Ver máis

FEIXÓN
“Multiplicación e caracterización de 70 variedades de feixóns galegos”

Ver máis

LEITUGA

O Banco conta con 50 cultivares, no ano 2014 iniciouse a caracterización das leitugas do Banco co proxecto de “Multiplicación e caracterización de 30 variedades de leituga galega”. 

 

CABAZA
“Multiplicación e caracterización de 8 variedades de cabaza de Galicia”,

Ver máis

MIRABEL
“Prospección de cultivares de mirabeis (Prunus domestica var. Syriacade) de Galicia”

Ver máis

NOVIDADES DO CIAM

foto
28/12/2017
Convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada de tres postos de persoal titulado superior universitario
foto
01/12/2017
A paisaxe agraria galega e a biodiversidade. Natureza-Agricultura-Gandería
foto
24/11/2017
Sistemas de transferencia de coñecemento no vacún de leite
foto
17/11/2017
PROCESO SELECTIVO NO INGACAL para la contratación de un/ha técnico I no CIAM, mediante la modalidade contractual por obra o servicio de duración determinada no marco do proxecto GALAC.
foto
16/11/2017
Campo de demostración: O uso da transferencia embrionaria e a fecundación in vitro no gando vacún como técnicas reprodutivas para o incremento da rendibilidade dunha explotación gandeira
foto
18/10/2017
Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2013 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados