fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Salceda
Salceda > Transferencia Tecnolóxica

Control de pragas, enfermidades e malas herbas

FUSARIUM OXYSPORIUM F.SP. LACTUCAE

Penetra nas plantas a través de aberturas naturais ou feridas nas raíces, e que as súas clamidosporas poden permanecer viables no chan ou nos residuos vexetais por un longo tempo.

Este fungo ataca principalmente a Lactuca sativa e Valerianella locusta (cóengo). A maioría dos grupos de cultivares de leituga mantecosa, por exemplo, iceberg, folla de carballo, leituga romana, Batavia, son susceptibles á enfermidade. As plantas afectadas tornan amarelas e murchan. Os tecidos da coroa e as raíces superiores adoitan mostrar unha necrose de cor marrón. A miúdo pódese ver necrose vascular nas venas das folla. As plantas infectadas se atrofian e morren a miúdo, dando lugar a importantes perdas para os produtores.

Baixo condicións climáticas favorables (a temperatura óptima do chan é de entre 24 a 28 °C), a infección pode conducir á destrución total da colleita. En colaboración co Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia se realizaron os seguintes ensaios: “Ensaio de tolerancia a F. oxysporum f.sp. lactucae en 25 variedades de leituga” e “Ensaio de tolerancia a F. oxysporum f.sp. lactucae en 19 variedades de leituga galega”.

 

VIRIASE NO FEIXÓN

Na Mariña Lucense e fundamentalmente no Val de Lourenzá cultívanse principalmente dúas variedades locais de feixón (Phaseolus vulgaris, L.): Faba Galaica e Faba do Marisco. Dende uns ano, se observaba unha perda de produtividade; enrolamento, mosaicos e malformacións nas follas; perda de cor, deformacións e ocasionalmente necrose no gran, que diminuía o seu valor comercial.

Realizouse o proxecto de “Prospección en las zonas de cultivo de faba de Lourenzá”, para determinar o axente causante dos síntomas descritos. Finalmente, resultou ser o Virus del Mosaico do Feixón Común (BCMV). Actualmente se esta a traballar en tratamentos a semente para minimizar o impacto do problema.


MALAS HERBAS

Nos viveiros, o desherbado manual ven sendo a práctica habitual cara o control de malas herbas, supoñendo un importante capítulo dos custes laborais, entre 1.085 a 8.667 € /ha e ano. Ademais de supoñer un importante obstáculo cara a unha maior tecnificación nas explotacións. Se esta estudando o control das especies que teñen un maior impacto nos viveiros:

A Conyza canadensis é unha mala herba cosmopolita orixinaria de Norteamérica, que se encontra nunha importante fase de expansión debido a que cada planta pode chegar a producir 200.000 sementes e a súa resistencia ao glifosato, fai que nas zonas de cultivo nos que se utilice este herbicida de forma sistemática non teña ningún tipo de competencia.

A Cardamine Hirsuta coloniza dunha forma exponencial calquera explotación que teña condicións favorables debido a seu ciclo curto de reprodución (cinco semanas), gran produción de sementes por planta e polo seu sistema explosivo de diseminación, que envía as sementes ata un metro o máis (dependendo do vento).

A Marchantia polymorfa tapiza totalmente a zona superior da maceta impedindo o movemento de auga e nutrientes a zona radicular da planta provocando un crecemento raquítico da planta e un aspecto pouco comercial do produto.

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados