fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Organismo CIAM

RECURSOS FITOXENÉTICOS:

ECOTIPOS PRATENSES AUTÓCTONOS:

Hoxe en día consérvanse no CIAM unha colección de ecotipos de máis de 2.300 entradas pertencentes a 100 especies. A maioría das mostras corresponden a poboacións naturais dos principais cultivos pratenses en Galicia, tanto de gramíneas como leguminosas (Lolium, Trifolium,  Festuca, Dactylis, Agrostis, Poa, Lotus….). Un 25 % destas mostras están avaliadas  agronómicamente. 

Dentro desta colección inclúense tamén 700 ecotipos de dactilo procedentes da Misión Biolóxica de Galicia, que foi transferida ao CIAM en 2005, na súa maioría procedentes de coleccións na Cornixa Cantábrica e que ata a data é maior colección de dactilo de España.

Polo tanto, no CIAM consérvase actualmente a única colección de referencia en zonas húmidas da Península Ibérica de especies pratenses, e un dos maiores Bancos de Xermoplasma de especies pratenses de gramíneas e leguminosas de España. Saber máis m�s

RAIGRASES
En Galicia son as gramíneas máis utilizadas polas súas altas producións. O principal uso de L. multiflorum é para sega, tanto para a alimentación en verde como para facer ensilado. L. perenne é ideal para pastoreo e aínda que a súa produción é menor, a súa persistencia é maior

 

 

LEGUMINOSAS
Adóitanse utilizar en mestura con outras especies para pradeiras de sega de duración curta ou media. Aumentan a calidade do pasto en mestura con gramíneas e presentan a vantaxe de proporcionar fertilidade ao solo pola súa capacidade fixar o N. atmosférico, aforrando así custes de abonado.
FESTUCA ALTA
Presenta características interesantes pola súa calidade forraxeira temprana e utilidades ambientais. Pódese asociar ben con leguminosas e producir pastos de alta calidade. É lenta no seu establecemento polo que non se combina ben con outras gramíneas, pero resulta ideal a súa mestura con leguminosas para establecemento
DACTILO
É unha gramínea menos utilizada que as anteriores, pero de gran interese pola súa persistencia e calidade. Pode ser utilizada tanto en monocultivo como asociada a outras especies para praderias de longa duración. Asociada a leguminosas proporciona pastos de calidade e lonxevidade.
FESTUCAS FINAS, POAS E AGROSTIS
Este complexo de especies utilízase sobre todo con fins ornamentais (xardinería, céspedes, etc), e ambientais (recuperación de zonas, tapices vexetais…). Existen moi poucas variedades españolas deste grupo, polo que sería interesante a utilización destes recursos para creación de variedades adaptadas a Galicia.

 


NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

NOVIDADES PRATENSES

foto
Información do Banco de Xermoplasma de especies pratenses
Máis m�s
foto
Multiplicación de semente en microinvernadoiros
Máis m�s
foto
Sistema ecolóxico para espantar as toupas sen matalas

 

fondo

SOCIAL

  • Facebook YouTube Twitter RSS
Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados