Código do proxecto: FEADER2007-05
Ano de inicio: 2007
Investigador Principal: Maria Mercedes Mezo Menéndez
Outros investigadores: Mercedes Mezo Menéndez, Marta González Warleta, José Antonio Castro Hermida. Colaboradores: Maria Carmen Carro Corral, Xabier Cortizo Mella.Empresa: SERAGRO
Departamento:
Área:
Estudios recentes realizados polo Laboratorio de Parasitoloxía do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) en colaboración coa Sociedade Cooperativa Galega (SERAGRO), constataron quem en Galicia, o 60% das explotacións de gando bovino se atopan parasitadas por Fasciola hepática, o axente productor da fascilose.Os bovinos infectados non adoitan presentar síntomas de enfermidade; no obstante, mesmo as infeccións subclínicas poden ocasionar perdas económicas derivadas da alteración da función reproductora e do descenso das producións láctea e cárnica. A magnitude do problema, que levou a incluír a enfermidade nos programas anuais das Asociacións de Defensa Sanitaria, xerou unha necesidade de dispoñer de técnicas de diagnóstico sensibles, específicas e estandarizadas, coas que poidan analizarse de xeito simple e automatizado grande número de mostras, con resultados comparables nos distintos laboratorios. A posibilidade de detectar anticorpos anti F. hepática nas mostras de sangue e leite empregadas para outras análises de rutina evitaría a realización de mostraxes adicionais, o que reduciría as molestias aos animais e suporía un considerable aforro económico. Ademáis, para os controis de calidade do leite, en cada explotación tómanse mostras, tanto individuais como da mestura do tanque, en distintas épocas do ano, polo que sería posible, utilizar estas mesmas mostras para estudar a evolución da infección nas granxas.Por último, debe sinalarse que non é posible erradicar a fascilose das explotacións gandeiras polo que as medidas óptimas de control serían aquelas que lograsen manter un nivel "tolerable" de infección, que permita aos animais desenvolver inmunidade fronte ao parásito sen afectar ás súas características produtivas. Neste proxecto, estudarase as correlacións entros os parámetros de produción das granxas e a concentración de anticorpos específicos detectados en leite do tanque co novo test, o que nos permitirá coñecer a súa utilidade para detectar os rabaños con niveis de infección que xustificarían o tratamento.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX