fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER2007-02
Ano de inicio: 2007
Investigador Principal: Marta González Warleta
Outros investigadores: Marta González Warleta, Mercedes Mezo Menéndez,José Antonio Castro Hermida. Colaboradores: Maria Carmen Carro Corral, Javier Cortizo Mella.Empresa: FEFRIGA
Departamento:
Área:

A Federación Frisona Galega (FREFRIGA) está constituída por 4.300 explotacións que representan máis do 50% do censo bovino leiteiro desta Comunidade. O seu principal obxectivo é obter animais de alto valor xenético a través do programa de transferencia de embrións que se leva a cabo na Unidade de Transferencia Embrionaria de Bos (UTE-Bos).A neosporose bovina considérase na actualidade unha das principais causas de aborto en gando vacún de todo o mundo. As investigacións realizadas no Laboratorio de Parasitoloxía do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) constataron que, an Galicia, a prevalencia da neosporose nas explotacións leiterias é moi alta e o seu impacto económico considerable.A patoxenia do aborto por N. caninum non se coñece totalmente. A excesiva produción de citoquinas proinflamatorias, como o interferón gamma (IFN-gamma), parece estar relacionada con cadros de aborto.Ademáis durante a preñez, a proxesterona reduce a resposta inmune celular (th1) e as glicoproteinas asociadas á xestación (PSGs) parecen ser un bo indicador da función placentaria.Para controlar a infección é indispensable coñecer as interaccións inmunoendocrinas que se producen nos animais cronicamente infectados e a súa relación cos cadros de aborto, polo que neste Proxecto nos propoñemos estudar a evolución dos niveis plasmáticos de proxesterona, PAGs, IFN-gamma e anticorpos fronte N. caninum ao longo da xestación. Posto que hai evidencias de que a epimedioloxía da neosporose difire nas razas de aptitude láctea e cárnica, estes mesmos parámetros se analizarán tamén nas dúas razas bovinas máis frecuentes en Galicia (Frisona e Rubia Galega). A inseminación con touros da raza Rubia Galega, podería ser unha boa estratexia para diminuir o risco de aborto en vacas Frisonas con neosporose crónica, polo que neste Proxecto tamén se avaliará a utilidade desta proposta mediante estudios obtidos tanto in vivo como in vitro.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
27/12/2021
Nº: 3 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
22/12/2021
Xornada de presentación do proxecto FEADER 2021/071A "Optimización da dieta de cebo das diferentes categorías da raza cachena"
foto
23/11/2021
CURSO: Derivados lácteos ecolóxicos: Oportunidades de emprego mediante o desenvolvemento da industria láctea ecolóxica
foto
19/11/2021
VIII Edición Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética
foto
18/11/2021
CURSO: Seguridade alimentaria: Agroecoloxía e consumo responsable
foto
22/10/2021
Xornada técnica: pasado, presente e futuro das marcas de calidade diferenciada de Galicia. Relación co sistema galego de I+D+I

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados