fondo
Logo Conseller�a
Logo Ingacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER2009-01
Ano de inicio: 2009
Investigador Principal: Jaime Fernández Paz
Outros investigadores: Jaime Fernández Paz, Juan Enrique Valladares Alonso, Juan Piñeiro Andión, Luis Urquijo Zamora EMPRESA: HIJOS DE RIVERA
Departamento:
Área:

Obxectivos:

1- Encontrar as variedades de orxo máis interesantes para a industria cervexeira que mellor se poidan adaptar as condicións edafo-climáticas de Galicia

2- Optimizar a produción do lúpulo en Galicia mediante melloras no cultivo e no proceso de secado da flor

3- Caracterizar unha nova cervexa elaborada con orxo e lúpulo cultivados en Galicia

Desde dous puntos de vista:

- tecnolóxico: vantaxes e inconvenientes do seu emprego e das condicións de procesado

- organoléptico : elementos diferenciais que poidan dar un valor engadido ao producto fronte a utilización de orxo e de lúpulo convencionais

Conclusións

Para acadar o obxectivo 1 experimentouse con 16 variedades de orxo con interese cervexeiro: Graphic, Scarlett, Pewter, Cristalia, Shakira, Vivaldi, Erlina, Signora, Jimena, Belgravia, JB Maltasia, Jennifer, Manet, Nuevo, Pariglia e Thorgall. Foron sementadas en parcelas de 18 m2 de modo que houbo unhas catro parcelas por variedade. Fixéronse as labores propias para obter unha produción axeitada. Recolleranse datos fenolóxicos, de crecemento, susceptibilidade ás pragas e enfermidades, producións, etc.

Os micromalteados requiren alomenos de 50 kg de gran por variedade. Unha vez colleitado e limpiado o gran, tomáronse datos de humidade, cinzas, proteína e hidratos de carbono. Os micromalteados fixéronse en Alemania. O malteado é a obtención do gran xerminado proporcionándolle a humidade, temperatura e oxixenación axeitadas para producir enzimas que causarán cambios nos hidratos de carbono necesarios para a elaboración da cervexa.

Os datos de cultivo do lúpulo do proxecto anterior Feader 2007-09 foran insuficientes porque o lúpulo é un cultivo cunha vida útil de uns 20 anos e só tiñamos datos de 4 anos. En 2007 obtívose a segunda colleita na parcela de Ventosa que foi baixa por mor dunha poda tardía. Nese ano non houbo colleita na parcela de Govia porque estaba no primeiro ano. En 2008 a colleita na parcela de Ventosa foi tamén algo baixa. Na parcela de Govia observouse que a variedade Columbus padeceu ataques máis fortes de mildiu que a variedade Nugget. Así para acadar o obxectivo 2 seguíronse coas labores agronómicas das plantacións anteriores e comezáronse as labores culturais das plantacións novas.

Parcela de Ventosa.

Superficie: 1300 m2

8 Liñas de 54 m cada unha e plantas a 1,5 m

300 plantas da variedade Nugget

O ano 2009 foi o quinto ano da plantación e o cuarto de colleita Continuáronse os traballos de conservación, mantemento e adquisición de datos agronómicos.

Ensaio 1 escarda.

Catro ringleiras con laboreo tradicional e catro ringleiras con escarda con desbrozadora con fio máis herbicida. Tomáronse datos para ver os efectos das dúas escardas e o custo de ambas as dúas.

Ensaio 2 repelado químico.

Unha das prácticas culturais máis comúns no cultivo consiste no repelado das follas hasta unha altura aproximada de 1 m cando a planta cesou no seu crecemento apical. O obxectivo desta práctica é obter unha maior aireación da plantación evitando os ataques dos fungos. O ensaio consistiu en facer 2 tratamentos: un deles utilizando un axente defoliante de contacto para ver o efecto dun herbicida de translocación tipo glifosato; o outro tratamento consiste en facer o repelado manualmente. Contabilizouse o gasto en man de obra e en herbicida. Anotáronse tamén outras incidencias.

Parcela de Govia.

Superficie: 8720 m2

23 Liñas de 126 m cada unha e plantas de 2 m.

1.500 plantas: 19 ringleiras da variedade Nugget e 4 ringleiras da variedade Columbus O ano 2009 foi o terceiro da plantación e o da segunda colleita. Aumentouse esta plantación en 8 ringleiras máis coa variedade aromática Perle. Plantáronse a 2 m de distancia 500 plantas.

Adquiríronse datos agronómicos das 3 variedades.

Ensaio 3 rega

Tradicionalmente o lúpulo cultivado en Galicia non se regaba. Tamén as variedades que se cultivaban eran outras distintas ás actuais. A dose completa de rega consistiu nunha cantidade de auga igual a evapotranspiración potencial menos a choiva contabilizada.

Cada parcela elemental tiña 3 ringleiras de plantas Nugget.

Os tratamentos foron:

1)                 Rega completa en tres ringleiras

2)                 Rega con media dose en tres ringleiras

3)                 sen rega en outras tres ringleiras

Houbo unha repetición de cada tratamento. Tomáronse os datos na ringleira do centro de cada bloque.

Ensaio 4 escarda

Dentro de cada bloque de 3 ringleiras descrito fíxose un tratamento secundario:

1) aplicación de herbicida glifosato sobre toda a liña, despois da poda, e entre as plantas, despois do entitorado, sempre con campá protectora que evite o desprazamento lateral do herbicida, combinado con laboreo tradicional

2) laboreo tradicional por escarda manual na liña central de cada bloque principal

3) escarda con desbrozadora con fio máis herbicida no ano 2009 e laboreo con cultivador dotado de desprazamento lateral e palpador (liña lateral) nos anos 2010 e 2011 se conseguíamos o apeiro adecuado. Como non foi posible adquirilo a tempo repetiuse o tramento con desbrozadora con fio máis herbicida.

Os ensaios 3 e 4 están combinados de modo que o tratamento principal é a dose de rega e o tratamento secundario é a forma da escarda.

O deseño experimental executouse de novo en 2010 e 2011.

Ensaio 5 aportación de nitróxeno

Utilización de veza para seren enterrada e ter un aporte de nitróxeno. A sementeira de veza fíxose en outubro e o enterrado en abril-maio do ano seguinte. Comparamos os datos das dúas metades da plantación de Govia para ver os efectos. En ambos tratamentos aportouse nitróxeno como abonado de de coberteira. Este consistiu en:

• Abonado 1: 1 de abril, 1.000 kg/ha de complexo 9-18-27

• Abonado 2: 3 de xuño 250 kg/ha de nitrato amónico cálcico do 20,5%

• Abonado 3: 22 de xuño igual ao abonado 2

Nova plantación de 1 ha na zona de Govia.

Esta zona é de veiga tamén, moi parecida ás utilizadas no pasado para o lúpulo nas bisbarras de Eume, Betanzos e A Coruña. Fixéronse traballos de preparación, plantación e traballos de conservación: poda, abonado, entitorado, labores culturais, rega, etc. A superficie é de 10.000 m2 e plantáronse 2450 plantas. As variedades son:

Variedade                                                      Nº plantas

Saaz                                                               150
Sladeck                                                         
150
Magnum                                                        700
Merkur                                                          250
Taurus                                                            100
Hallertaü-Mittelfrüher                                  100
Nugget                                                                       1.000
Total                                                              2.450 plantas

Hai un resumo cos estudos de avaliación dos traballos de cultivo do lúpulo. Estes estudios están baseados nos datos agronómicos das variedades cultivadas, observando a brotación, desenvolvemento, comportamento fronte as pragas e enfermidades, resposta ao abonado, resposta á rega, crecementos (brotación, floración, etc.), produccións, etc.

Así mesmo, comparáronse os datos de: humidade, contido en alfa-ácidos, beta-ácidos, cohumulonas, colupulonas, etc. entre estas e outras produccións nacionais e do extranxeiro. Obtivéronse tamén datos para unha mellor estimación das superficies de cultivo necesarias en función das necesidades do mercado, importacións realizadas, previsións de crecemento, etc.

Abondouse na avaliación económica do cultivo en función dos gastos e dos ingresos recibidos por cada variedade.

En canto á mellora de eficiencia enerxética no proceso de secado da flor do lúpulo planteáronse dous tipos de modificacións:

- a instalación dun intercambiador de calor entre o queimador e o aire que se insufla a través do leito de flor no secadoiro. Con isto evitaríase que os gases quentes producidos polo queimador non vaian directamente á masa de flores. Organolépticamente a flor estaría libre de posibles cheiros indesexados.

- a instalación dun sistema de extracción forzada da humidade procedente da flor no secadoiro. A consecuencia esperada é que os tempos de secado se reduzcan e polo tanto a eficiencia sexa maior.

O obxectivo 3 de caracterización dunha nova cervexa elaborada con orxo e lúpulo cultivados en Galicia acadouse tanto desde o punto de vista tecnolóxico, establecendo as condicións de traballo, como desde o punto de vista organoléptico valorizando os elementos diferenciais como valor engadido ao producto. Hai atributos salientables e difenciadores con respecto á cervexa elaborada on orxo e lúpulo convencionais.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
26/10/2018
Resultado positivo do primeiro ensaio de cultivo de forraxes en ecolóxico na Limia
foto
22/10/2018
Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética
foto
19/09/2018
Xornada técnica: As posibilidades da rega no millo
foto
27/04/2018
Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia
foto
28/02/2018
Xornada: A produción de carne de vacún. Unha oportunidade para emprender na biosfera
foto
24/01/2018
Efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros de verán na Galicia interior

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2013 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados