fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2021C-08
Ano de inicio: 2021
Investigador Principal: Luis Urquijo Zamora
Outros investigadores: Cristina Isabel Fernández Otero COOPERANTES: Ángeles Romero Rodríguez/ Santiago Pereira Lorenzo/ Matilde Lombardero Fernández/ Manuel Vázquez Vázquez / Mª Lourdes Vázquez Orderiz / Olga Díaz Rubio / Ángel Cobos García / Mª Nerea Fernández Canto /Ibán
Departamento:
Área:

 A recente aprobación da IXP Pan Galego en xullo de 2019, fai necesario acometer varias liñas de traballo co obxectivo de coñecer mellor a calidade do pan feito con trigos autóctonos, e dar a coñecelo ós consumidores. Por outra banda, faise imprescindible testar as técnicas coñecidas para trazar o trigo e a fariña para evitar fraudes no seu uso. Finalmente, é necesario facer unha avaliación agronómica a cinco novas variedades en fase de solicitude de rexistro, para o seu uso na IXP.

Coa primeira medida, realizarase unha cata de panes feitos en parte coas variedades de trigos autóctonos “Callobre” e “Caaveiro”, e con as cinco novas variedades, para coñecer a súa calidade organoléptica, a calidade alveográfica e varias características relacionadas coa textura da miga e a corteza.
 
Coa segunda medida, testaremos tres técnicas analíticas (SDS-PAGE, ACID-PAGE e microsatélites) de caracterización molecular de trigos, para determinar a mais axeitada para acometer unha eficiente trazabilidade dos trigos autóctonos usados na IXP Pan Galego. O uso de marcadores moleculares para confirmar a calidade e/ou autenticidade das materias primas na IXP Pan Galego é imprescindible, e é a ferramenta necesaria para detectar posibles fraudes na cadea alimentaria que vai dende a parcela cultivada co trigo ata o pan galego. Coas 3 técnicas avaliaranse as 7 variedades autóctonas, e con SDS-PAGE e ACID-PAGE testaranse novas liñas semi-ananas resultantes dun longo proceso de mellora xenética.
 
Coa terceira medida, avaliaranse agronomicamente novas variedades en proceso de rexistro, que se poidan engadir o Pan Galego, para ampliar o seu coñecemento, e poder asesorar os agricultores que as multipliquen. Isto será o xerme para que se amplíe o cultivo de trigo a zonas hoxe en día abandonadas. 
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados