fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2021C-07
Ano de inicio: 2021
Investigador Principal: María Isabel García Pomar
Outros investigadores: Mª Dolores Báez Bernal; Juan Castro Insua; Carme Santiago Andión COOPERANTES: Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña
Departamento:
Área:

 Dentro do Pacto Verde Europeo a estratexia “Da granxa á mesa” persegue un sistema alimentario sostible e acadar os obxectivos climáticos e medioambientais. Un dos puntos fundamentais desta estratexia é a redución das perdas de nutrientes nun 50% como mínimo, garantindo ao mesmo tempo que non se deteriore a fertilidade do solo, cunha redución do uso de fertilizantes. Para acadar este obxectivo é necesario aplicar unha fertilización equilibrada, unha xestión sostible de nutrientes, cun especial fincapé na aplicación de técnicas precisas de fertilización e de prácticas agrícolas sostibles e o reciclado de “residuos” orgánicos como fertilizantes renovables, a través do uso de ferramentas e do asesoramento.

As aplicacións on-line RAX (www.ciam.gal) desenvolvidas polo CIAM en colaboración coa Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña (García et al., 2010, 2015, 2017 e 2018), fan unha recomendación de fertilización nos cultivos forraxeiros tendo en conta que a principal fonte de nutrientes nas explotacións de gando de vacún leiteiro está na reciclaxe do xurro como fertilizante orgánico e ademais permiten facer aos técnicos e gandeiros recomendacións axustadas á realidade de cada parcela e explotación (niveis de nutrientes en solo e xurro, produción esperada, condicións e momento de aplicación, ...).
As melloras propostas van dirixidas a mellorar as recomendacións das aplicacións RAX mediante unha maior precisión no cálculo das perdas por volatilización do nitróxeno amoniacal, a contabilización dos aportes de nutrientes pola mineralización da materia orgánica do solo e unha cuantificación do contido en nutrientes do xurro en función da alimentación do gando.
 
As novas melloras incluídas serán dunha grande utilidade para os técnicos e os gandeiros ao permitir axustar as doses de nutrientes aplicadas. Desde xeito conseguiranse modelos agrogandeiros de produción sostibles onde se conxuguen a competitividade económica e as boas prácticas que minimicen o impacto dos fertilizantes sobre a calidade dos recursos naturais (auga, aire).
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados