Código do proxecto: AC2020-06
Ano de inicio: 2020
Investigador Principal: Julio Enrique López Díaz
Outros investigadores: Bibiana Guerra Pestonit; Alfredo Taboada Arias; Luis Urquijo Zamora; María José Bande Castro; Cristina Isabel Fernández Otero COOPERANTE: Fundación Juana de Vega
Departamento:
Área:
Actualmente conservase no CIAM unha serie de coleccións, principalmente en forma de semente representativas dos principais cultivos e con base xenética galega. Existe unha colección de millo (mais de 600 ecotipos principalmente galegos) aos que hai que engadir 695 liñas puras. Tamén se conservan máis de 1600 mostras de sementes pratenses pertencentes a 100 especies, unhas 300 accesións de cereais de inverno (trigos e centeos), especies hortıć olas dos principais cultivos (tomate, pemento, leituga, cebola, etc.), e tamén unha colección de 150 maceiras e 130 pereiras que se manteñen in vivo. Tódala información é asequible libremente no sitio web do CIAM (www.ciam.gal).
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX