fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: AC2020-04
Ano de inicio: 2020
Investigador Principal: Gonzalo Flores Calvete
Outros investigadores: César Resch Zafra; Valentín García Souto COOPERANTES: Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL)
Departamento:
Área:

 O grao de eficiencia técnica e económica na produción se refire ao uso razoado dos recursos para conseguir un obxectivo produtivo. A súa medida pode realizarse en termos físicos (ratio entre as cantidades de produto obtida e de recurso utilizado) ou económicos (ratio entre o valor económico da produción e o dos insumos utilizados). No momento actual, o sector produtor de leite se enfronta a unha situación de prezos volátiles para o leite e subida dos custos dos principais inputs, especialmente marcada tras a liberalización do mercado tras a supresión das cotas do leite en 2015. Nestas condicións a viabilidade das explotacións depende da súa capacidade para competir nun mercado aberto baixo una situación de marxes económicos moi reducidos e variábeis, así como da posibilidade de resistir períodos onde, transitoriamente, a relación entre o prezo dos insumos e do leite é especialmente desfavorábel.

Por outra banda, o coñecemento dos índices técnico económicos das granxas leiteiras non é só necesario para realizar un manexo razoado do proceso produtivo, senón que é unha ferramenta esencial para a toma de decisións no ámbito político administrativo dirixidas ao fomento e soporte da actividade deste sector. A escaseza de información ao respecto, sobre todo das pequenas explotacións, así como a carencia dunha metodoloxía homoxénea nos estudos existentes que permitise a comparación de resultados, motiva a necesidade da realización dun estudo do custo de produción do leite en Galicia nos distintos sistemas identificados como típicos das diversas formas de produción de leite nesta comunidade a fin de coñecer a composición e variabilidade do mesmo, así como para adquirir información acerca da estrutura e características das explotacións, da súa viabilidade económica e da
existencia de economías de escala. O proxecto se complementa con dúas actividades adicionais.
 
A primeira é a identificación mediante técnicas de análise de regresión múltiple das variábeis técnicas e prezos de insumos con maior capacidade de explicar a varianza do custo de produción. En segundo lugar se elaborará unha aplicación (app--móbil) para ser utilizada nas explotacións colaboradoras como técnica de comparación (benchmarking) que permita contrastar de forma rápida e sinxela os índices de cada explotación cos valores medios do grupo, tanto do total de explotacións como os de cada grupo de explotacións, existente na base de datos xerada no proxecto.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados