Código do proxecto: FEADER 2017/039A
Ano de inicio: 2017
Investigador Principal: Gonzalo Flores Calvete
Outros investigadores: César Resch Zafra, Thierry Dagnac, Adrián Botana Fernández, Juan Valladares Alonso, Valentín García Souto; Entidade solicitante: GALLANOVA Norte Forestal SL; Entidade colaboradora: Universidade da Coruña
Departamento:
Área:
O proxecto pretende desenvolver un novo produto a partir da integración da produción de leite de vacún co aproveitamento de fraccións bioactivas do castiñeiro, creando unha alternativa produtiva até de agora non explorada. Trátase de desenvolver un derivado lácteo saudable, en forma de xeados, que teñen como base o leite de vacún, xilitol e extractos de castiñeiro con características antimicrobianas e fraccións prebióticas obtidas a partir de xilanos do castiñeiro.
O proxecto desenvolverase a partires da agrupación constituída pola empresa Gallanova Norte Forestal, especializada na produción de castiñeiros híbridos resistentes á tinta e na obtención de extractos do castiñeiro para diferentes aplicacións, o CIAM de Mabegondo e o Departamento de Enxeñería Química da Universidade de A Coruña (EnQA).
Para elo o CIAM de Mabegondo ensaiará diferentes tipos de leite saudable para a elaboración dos xeados, en función da distinta alimentación de gando vacún con pastos frescos e ensilados de herba e de millo, adicionados de extractos lipofílicos obtidos de follas e inflorescencias de castiñeiro con actividade biolóxica. Obteran-se 16 tipos de leite diferentes, sendo determinada a composición fisicoquímica e perfil de ácidos graxos, que servirá de base para a elaboración de xeados biosaudábeis. Gallanova Norte Forestal proveerá as distintas fraccións orgánicas de clons de castiñeiros, a partires das cales EnQA, aplicando principios de biorrefinería, obterá os extractos correspondentes do castiñeiro coas propiedades buscadas (xilitol para propiedades endulzantes, hemicelulosas (xilanos) para fracción prebiótica, e antioxidantes).
Os lotes de xeados, aínda que elaborados de xeito artesanal, seguirán as pautas da elaboración industrial de xeito que as conclusións sexan extrapolables directamente a condicións industriais de produción, e serán caracterizados polas súas características físicas e organolépticas.
Finalmente elaborarase o estudo de conclusións dos resultados obtidos, e estes divulgaranse seguindo un plan de divulgación previamente establecido no proxecto.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX