fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2017/012A
Ano de inicio: 2017
Investigador Principal: César Resch Zafra
Outros investigadores: Gonzalo Flores Calvete, Thierry Dagnac, Juan E. Valladares Alonso, Adrián Botana Fernández; Entidade solicitante: QUEIZUAR SL; Entidades colaboradoras: CETAL, PS Veterinaria, Cooperativa Pico Sacro
Departamento:
Área:

 Necesidade e oportunidade deste estudo

Non se coñece con suficiente precisión a tipoloxía dos sistemas de alimentación que se seguen nas explotacións da cooperativa que subministra a maior parte do leite á empresa queixeira para a súa transformación, a composición do leite de cada granxa nin a variabilidade ao longo do ano dentro de cada sistema. A información dispoñíbel indica a existencia dunha acusada variabilidade dos sistemas de manexo alimentario nas explotacións. Mesmo nos sistemas que seguen o modelo de "todo ensilado", maioritario dentro do grupo, a composición da ración pode variar ao longo do ano, ao variar a calidade e/ou a composición dos ensilados. Destácase a carencia de información dos sistemas que integran o aproveitamento da herba a dente, nos que se supón que poden producirse as maiores variacións na dieta ao ter que combinar ao longo da lactación das vacas a subministración de forraxe verde co de ensilados. É de esperar que esta variabilidade se traduza nunha gradación na calidade do leite, relativa tanto á composición fisicoquímica como, fundamentalmente, ao perfil graxo e tipo da proteína.

O traballo permitirá coñecer con detalle a relación entre as racións consumidas polos animais e a calidade do leite producido ao longo do ano, saber como varía esta calidade e identificar as tipoloxías de leite producidas baixo os diferentes réximes alimentarios. Este coñecemento será de utilidade para a empresa, que poderá tomar decisións en canto á orientación da produción á subministración das calidades de leite e do sistema de produción que máis lle interese en función da súa estratexia empresarial, e será tamén de utilidade aos produtores, que serán guiados a través dos resultados do proxecto para implementar un tipo de alimentación que poida producir o tipo de leite demandado para a fabricación de queixo por parte da empresa durante todo o ano, de forma compatíbel coa estabilidade económica das explotacións.

Hipótese de traballo

A composición da dieta ofrecida ás vacas en lactación condiciona a composición do leite, polo que é posible establecer unha relación entre o manexo da alimentación na explotación e a calidade do leite, con especial atención á composición da graxa. Pódense tipificar, seguindo procedementos estatísticos, os sistemas de alimentación seguidos polas explotacións e as diferentes racións empregadas ao longo do ano nos diferentes sistemas. É posible, por tanto, testar a hipótese de se os diferentes sistemas e racións empregados nas explotacións da mostra proporcionan tipos de leite de diferente calidade. Así mesmo, poderanse identificar os diferentes tipos de leite que se producen nas explotacións da mostra en base á súa composición e coñecer de forma precisa que ingredientes e en que proporción entran nas racións que producen cada clase de leite. Por tanto será posible derivar recomendacións orientadas á produción dun tipo ou tipos particulares de leite en función dos intereses da industria transformadora atendendo aos valores demandados polo mercado.

Obxectivos concretos

Preténdese responder ás seguintes preguntas:

1.    Cales son os sistemas de alimentación típicos das explotacións leiteiras da cooperativa Pico Sacro que subministran leite á empresa queixeira BAMA e como varían ao longo do ano?

2.    Cal  é a calidade e composición do leite producido en cada sistema de alimentación e como varía ao longo do ano?

3.    Cales son os tipos de leite diferenciados máis acaídos para a empresa queixeira?

4.    Con que composición de racións se corresponden estes tipos de leite?

5.    Coñecendo as particularidades do conxunto de explotacións, sería posíbel modificar o modelo de manexo das explotacións orientado para a produción do tipo de leite requirido pola empresa leiteira?

feader

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados