Código do proxecto: FEADER 2017/022B
Ano de inicio: 2017
Investigador Principal: Gonzalo Flores Calvete
Outros investigadores: César Resch Zafra, Thierry Dagnac, Adrián Botana Fernández, Juan Valladares Alonso, Valentín García Souto; Entidade solicitante: Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL); Entidade colaboradora: UGASMA SCG
Departamento:
Área:
O obxectivo central do proxecto é mellorar a sostibilidade das explotacións leiteiras de vacún de Galicia desde o punto de vista da redución das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e incrementar o valor do leite producido en sistemas de baixo carbono. O estudo se realizará nunha mostra de 50 granxas representativas do gradiente de intensificación existente na práctica, que serán visitadas por persoal técnico cualificado e coñecedor do manexo das explotacións. No Grupo Operativo se integran UGASMA, cooperativa láctea cun alto nivel de tecnificación produtiva , o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, referencia no estudo de sistemas de produción de leite de vacún.
b) Dentro de cada sistema, cal é o grao de variabilidade das emisións, e cales son os puntos críticos de manexo que diferencias as granxas de alto e baixo grao de emisións?;
c) Sería posíbel a introdución de modificacións para diminuír as emisións de forma compatíbel co mantemento da produtividade nas granxas?
d) Cal é a relación entre a composición do leite e os índices de emisión das explotacións?
e) É posíbel desenvolver modelos preditivos das emisións mediante análise instrumental avanzado (espectroscopía) de mostras de leite, potencialmente adaptados ás rutinas analíticas de servizo do LIGAL?
f) É posíbel, en función dos resultados, propoñer novos índices de pagamento do prezo do leite por calidade que incrementen, co apoio da industria, o valor do leite producido en sistemas de baixas emisións, restaurando a conexión coas demandas dos consumidores?.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX