fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2017/014B
Ano de inicio: 2017
Investigador Principal: Mª Isabel García Pomar
Outros investigadores: Mª Dolores Báez Bernal; Entidade solicitante: Unión de Cooperativas AGACA; Entidade colaboradora: Cooperativa Agraria Provincial da Coruña
Departamento:
Área:

O sector do gando vacún leiteiro é moi importante en Galicia, sendo a primeira comunidade autónoma produtora de leite, cun 39 % do total nacional  -2643 millóns de litros-. Na produción de leite a intensificación dos últimos anos levou a un impacto ambiental no medio (solo, auga e aire), sendo necesario un uso axeitado e utilización eficiente dos recursos da explotación e ir cara unha produción de leite sostible e competitivo.

AGACA e CIAM participan no proxecto europeo de intercambio de información “EURODAIRY”, sendo un dos ámbitos de cooperación e innovación o uso eficiente dos recursos da explotación, necesitándose financiamento para o desenvolvemento e integración de ferramentas, que orienten sobre a adopción de prácticas que incrementen a eficiencia na reciclaxe dos nutrientes e reduzan as perdas ao medio e a pegada de carbono.
 
Este reto abórdase no proxecto dos seguintes xeitos:  calculando o balance de nutrientes para reducir o  exceso dos nutrientes na explotación,  calculando a pegada de Carbono,  e aplicando técnicas na explotación para mellorar o balance e a pegada de carbono e intercambiando e compartindo innovacións con outras rexións produtoras de leite que melloren a eficiencia na utilización dos recursos. 
O obxectivo xeral desta proposta de innovación é que o leite sexa producido en condicións de sustentabilidade, mediante unha utilización eficiente dos recursos da explotación (fertilizantes orgánicos), conxugándose a competitividade económica e as boas prácticas que minimicen o impacto dos recursos sobre a calidade dos recursos naturais (auga, aire).
 
As cooperativas deste grupo operativo exercen un efecto positivo na súa contorna actuando como elementos dinamizadores e divulgadores das experiencias e proxectos de investigación nos que colaboran. Por conseguinte, a participación activa do persoal técnico das cooperativas involucradas, dos gandeiros e do persoal do CIAM  favorecerá enormemente a labor de difusión.
 

feader

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados