Código do proxecto: IN852A 2016/103
Ano de inicio: 2016
Investigador Principal: Thierry Dagnac
Outros investigadores: Gonzalo Flores Calvete, César Resch Zafra
Departamento:
Área:
Ao abeiro da Resolución do 30 de novembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Duración: 2016-2018
A colaboración do INGACAL-CIAM na execución do proxecto céntrase no desenvolvemento e execución nos laboratorios do CIAM dos experimentos a análises descritos na memoria do proxecto, no ámbito das dúas actividades seguintes:
ACTIVIDADE 1. Avaliación da incidencia de micotoxinas, os seus metabolitos ou as súas combinacións en nutrición animal en Galicia.
Tarea 12. Avaliación sectorial da incidencia de micotoxinas, os seus metabolitos ou as súas combinacións en nutrición animal en Galicia e a súa relación con outros parámetros e a productividad animal
Subtarea 1.2.1. Análises cuantitativos de micotoxinas por LC-MS/MS en mostras de unifeed e forraxes procedentes de explotacións de Galicia.
ACTIVIDADE 2. Deseño dun sistema sectorial de detección rápida de micotoxinas en materias primas e forraxes mediante a tecnoloxía NIRS en puntos de entrada e acopio colectivos.
Tarea 22. Desenvolvemento e validación de modelos quimiométricos utilizando a tecnoloxía NIRS para a predicción de micotoxinas en materias primas e forraxes para alimentación animal.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX